Crenzas do pastafarismo

O deus do pastafarismo, relixión paródica, é o Monstro de Espaguete Voador (Monesvol ou MEV en galego), (Flying Spaghetti Monster, FSM, en inglés); os seus seguidores chámanse a si mesmos pastafaris (aludindo aos rastafaris), e humoristicamente proclaman ter sido "tocados polo seu apéndice tallarinesco", predicando a palabra do seu "Señor Tallarinesco" como a relixión verdadeira.

Sátira da eucaristía cristiá, durante a cal dise comer o corpo de Cristo.
Artigo principal: Pastafarismo.

Henderson propuxo moitos dos principios básicos do pastafarismo entre os argumentos contra os fundamentos do deseño intelixente da súa primeira carta aberta.[1]

Estas "crenzas canónicas" expostas na primeira carta ao Consello de Educación de Kansas[2] foron publicadas e desenvolvidas na súa web oficial,[2] e no Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador, onde Henderson se describe como profeta.[3]

Principais crenzas editar

 
Comitiva pastafari con vestimenta de piratas para “”a cabalgata do solsticio de verán.
 
Representación do Monesvol entregando ao capitán Mosey as táboas cos "Realmente preferiría que non" no monte Prebe.
 
Garfo crucificado, un dos símbolos do pastafarismo.

A maioría das crenzas do pastafarismo elixíronse expresamente con intención de satirizar os argumentos comunmente usados polos defensores do deseño intelixente e imitando algunhas das súas crenzas:

  • A crenza central é que o Monstro de Espaguete Voador, invísibel e indetectábel, creou o universo despois de ter bebido moito. A borracheira do monstro explica as imperfeccións do mundo creado.
  • Todas as evidencias que "erroneamente" apoian a evolución foron "plantadas" intencionadamente por este ser, para poñer a proba a fe dos seus fieis, parodiando a postura dos que cren na infalibilidade bíblica. Así, o MEV fai que todo pareza máis vello do que é en realidade. Por exemplo, cando un científico realiza un proceso de datación radiométrica dun obxecto arqueolóxico, o MEV está aí para cambiar os resultados co seu apéndice tallarinesco sen que o científico se dea de conta.
  • O monstro guía continua e invisibelmente a conduta de cada ser humano (crente ou non) por medio dos seus "apéndices tallarinescos".
  • O quecemento global, os terremotos, os furacáns e outros desastres naturais son consecuencia directa de que a partir do século XIX diminuíu o número de piratas.
  • A crenza pastafari do ceo fai fincapé nestes dous puntos:[3]
  • Ten volcáns de cervexa até onde alcanza a vista.
  • Ten unha fábrica de estrípers (feminios e masculinos).

En cambio, no inferno:[4]

  • O día sagrado dos pastafaris é o venres. Os pastafaris devotos deben vestir completamente con indumentaria de pirata.
  • Aínda que o MEV posúe un nome, este é tan fermoso e difícil de pronunciar que non só mata a quenquera que o intente, senón tamén a todo ser dentro dun raio de 6.534 quilómetros. Este raio duplícase cando un trata de escribir ou mecanografar o nome. Isto fíxoo á mantenta o MEV só para entreterse.
  • O MEV revelou a súa mensaxe ao capitán pirata Mosey e a Bobby Henderson que son profetas desta Primeira Igrexa Unida do Monstro de Espaguete Voador (First United Church of the Flying Spaghetti Monster).
  • O símbolo principal é unha cruz, que en vez de ter un Xesús crucificado, ten un garfo para comer espaguete.
  • As oracións a "El" deben terminar sempre coa palabra "Ramén" en vez de "Amén". Ramen é unha versión xaponesa da sopa de fideos chinesa.

Exemplo:

Ou Tallaríns que estades nos ceos gourmets
Santificada sexa a vosa fariña
Veñan a nós os vosos nutrientes
Fágase a vosa vontade tanto na Terra coma nos partos
Danos hoxe as nosas albóndigas de cada día
e perdoade as nosas gulas, así como nós perdoamos aos que non vos comen.
Non nos deixedes caer na tentación (de non alimentarnos de vos)
e líbrádenos da fame...
Ramén.

Os piratas e o quecemento global editar

 
Diagrama mostrando a correlación entre o aumento da temperatura do planeta e o descenso da cantidade de piratas.

A relación inversa entre o número de piratas no mundo e os efectos do quecemento global foi un dos argumentos usados por Bobby Henderson na súa carta orixinal ao Consello Escolar de Kansas. Nun gráfico (cos valores do eixe dos X desordenados intencionadamente) expoñía como había unha perfecta correlación entre o aumento da temperatura do planeta e a diminución de piratas desde o ano 1820,[5] burlándose así da falacia lóxica de que a correlación implica causa, esgrimida por algúns grupos relixiosos cando afirman que as catástrofes e guerras do mundo van en aumento como consecuencia da diminución dos valores relixiosos a nivel mundial. Ademais indicaba que a súa teoría debía impartirse polos ensinantes totalmente disfrazados de piratas, e que o contrario sería unha falta de respecto ás súas crenzas.

A partir de entón os piratas incluíronse humoristicamente de forma recorrente no sistema de crenzas pastafari. Segundo este, os piratas son "seres absolutamente divinos",[2] A súa imaxe de ladróns e foraxidos á froito da desinformación estendida polos teólogos cristiáns na Idade Media e polos Hare Krishna. O pastafarismo di que en realidade son "exploradores amantes da paz e diseminadores da boa vontade" que distribúen caramelos e lambetadas entre os nenos pequenos, e indican que os piratas modernos non teñen nada que ver cos "bucaneiros buscadores históricos de diversión".

Ademais cren que os piratas fantasma son os responsábeis de todas as desaparicións misteriosas do Triángulo das Bermudas.

Os pastafaris celebran o Día Internacional de Falar como os Piratas o 19 de setembro.

En 2008 Henderson interpretou o incremento de actividades relacionadas coa piratería no Golfo de Adén como unha proba adicional da súa teoría, sinalando que Somalia ten "o maior número de piratas e as menores emisións de díóxido de carbono do mundo".[6]

O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador editar

En decembro de 2005 Henderson recibiu un anticipo de 80.000 dólares da editorial Villard para escribir O evanxeo do Monstro de Espaguete Voador co subtítulo "O premio gordo para un enxeñeiro de máquinas comecartos en paro, e herexe".[7] O autor declarou que pensaba empregar os beneficios para construír un barco pirata co que expandir a palabra da relixión pastafari.[8]

O libro publicouse o 28 de marzo de 2006,[9] e nel Henderson estende o sistema de crenzas pastafari creado na carta aberta orixinal. Henderson empegea a sátira para presentar erros lóxicos percibidos na bioloxía evolutiva, e trata a historia desde unha perspectiva pastafariana. O Evanxeo reta aos lectores a probar o pastafarianismo durante 30 días, afirmando que "se non te gustamos, a túa viella relixión seguramente te admitirá de volta". Henderson afirma na súa web que venderon máis de 100.000 exemplares.

Notas editar

  1. Thierman, Jessica (18 de setembro de 2005). "Touched by his Noodly Appendage". Gelf Magazine. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Open Letter To Kansas School Board ao Consello de Educación, en venganza.org
  3. 3,0 3,1 DuBay, Tim (2005). "Guide to Pastafarianism" (Shockwave Flash). Consultado o 26-08-2006. 
  4. The Gospel of the Flying Spaghetti Monster, p.83
  5. Grafico orixinal de Henderson
  6. www.venganza.org, ed. (14 de abril de 2008). "Somalia - Lots of pirates, low carbon emissions" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2010. 
  7. Wolff, Eric (16 de novembro de 2005). "The Case For Intelligent Design: Spaghetti as the Creator". New York Magazine. 
  8. Katleen Craig (22 de decembro de 2005). "Passion of the Spaghetti Monster" (en inglés). 
  9. Random House, ed. (2009). "The Gospel of the Flying Spaghetti Monster" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar