Cráter (vasilla)

Unha crátera, cratera ou cráter[2][Cómpre referencia] (do grego κράτηρ) é un recipiente de cerámica de gran capacidade destinado a conter unha mestura de auga e viño coa que se enchían os vasos; os antigos raramente bebían viño puro. Levábase ao lugar da comida e depositábase no chan ou nunha plataforma. Nun simposio grego, os cráteres colocábanse no centro da sala. Como eran grandes, non eran fáciles de levar. Polo tanto, a mestura de viño e auga era retirada do cráter con outras vasillas de kilix máis pequenas. O copeiro (chamado pincerna ou pocillator en latín) administraba o líquido cun cullerón ou kyathos (chamado cyathus en latín) e enchía as copas (pocula ou calices) dos convidados.

Crátera ou cráter descuberto por Schliemann na acrópole de Micenas, representando guerreiros armados. Museo Arqueolóxico Nacional, Atenas. Altura: 41 cm. Data: 1200 - 1100 a.C.
Crátera de campá ou de sino exposta no Museo Arqueolóxico Nacional de España. Está feita en arxila e é do s. IV a. C. Foi achada na necrópole de Villaricos (Almería), na tumba 52-I e serviu para depositar os restos dunha incineración. Está decorada con figuras de sátiros (divindade campestre e lasciva), unha ménade (sacerdotisa de Baco) e Ariadna na cara A, e tres novos con himatión (manto) na cara B.[1]

Tipos editar

As cráteras fabricábanse en barro e en metais preciosos e eran modeladas con formas distintas, ao gusto do artista. Tiña sempre unha boca ancha. As formas máis estendidas e que se atoparon nas escavacións son:[3]

  • Crátera de columnas, con asas verticais como fustes, que están rematadas por un saínte horizontal. É a forma máis antiga.
  • Crátera de volutas. Chámase así porque as súas asas, que sobresaen por encima da boca, forman volutas, é dicir, en forma de espiral ou caracol. Mantivéronse até o s. IV a. C.
  • Crátera de cáliz, que lembra ao cáliz das flores e cuxo perfil ten forma case de trapecio investido. É un tipo máis moderno que os dous anteriores.
  • Crátera de campá, con asas saíntes e dirixidas cara a arriba e con forma de campá investida. É un tipo de uso tardío, da época final das pinturas de vasos.

Notas editar

  1. "Red Digital de Colecciones de Museos de España - Museos". ceres.mcu.es (en castelán). Consultado o 2023-01-22. 
  2. "bUSCatermos; cráter". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-22. 
  3. Estela Ocampo, Diccionario de términos artísticos y arqueológicos, p.66, Barcelona: Icaria (1992), ISBN 84-7426-191-0.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • SMITH, William; ANTHON, Charles. A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Londres: John Murray, 1890.

Outros artigos editar