As Covas de Mogao (en chinés: 莫高窟, Mògāo kū), situadas nos arredores da cidade de Dunhuang (no noroeste da China), son un conxunto de 735 covas con máis de 45.000 metros cadrados de pinturas murais, o que as tornan o maior conxunto de arte budista do mundo. Son famosos polas súas estatuas e pinturas rupestres, abranguendo cerca de 1.000 anos de arte budista. Están situadas nun punto estratéxico ao longo da Ruta da Seda, un lugar importantísimo para o comercio así como de influencias intelectuais, culturais e relixiosas.

Covas de Mogao
Zhang Qian deixando o emperador Han Wudi para a súa expedición na Asia Central. Covas de Mogao.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País China
LocalizaciónCoordenadas: 40°02′14″N 94°48′15″L / 40.03722, -94.80417
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, V, VI
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador440

Tamén coñecidas como as "Cavernas dos Mil Budas", as Covas de Mogao escaváronse no ano 366, na costa da montaña Mingshashan, e esténdese, de norte a sur, por case dous quilómetros. Ao mesmo tempo en que se esculpían as esculturas exteriores, as covas interiores íanse enchendo con estatuas dos budas.

Os murais con temas budistas, mostran narracións dos sutras e representacións de budas e personaxes mitolóxicos oriúndos da India, Asia Central e outras partes da China.

Exterior das cavernas

As Covas de mogao, consideradas polos peritos como unha “Enciclopedia da Idade Media” (séculos IV a IX), foron incluídas na lista do Patrimonio Mundial pola Unesco, en 1987.

Nos 20 anos seguintes ao descubrimento dese precioso achado, desapareceron cerca de 40 mil pasaxes dos sutras, así como incontábeis murais e esculturas. Como consecuencia das expropiacións, na China só se conserva a terceira parte do que orixinalmente había nas cavernas.

A erosión natural provocada polo vento, pola choiva, polas tempestades de area, así como os danos causados polas propias persoas, afectaron gravemente aos delicados frescos, que sofren con mudanzas na coloración e na súa estrutura.

Co obxectivo de protexer este valiosísimo legado, a Academia de dunhuang da China traballa para introducir o programa "Dunhuang Digital", no cal tamén participan organizacións e centros de investigación do Reino Unido, Francia, Rusia e Estados Unidos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.