Cova das Choias, A Pobra do Brollón

cova en Óutara, A Pobra do Brollón

Coordenadas: 42°38′04″N 7°22′44″O / 42.634313, -7.379005

A cova das Choias ou burato das Choias é unha gruta situada na parroquia de Óutara, preto da aldea de Biduedo, no concello da Pobra do Brollón.

Cova das Choias

Entrada da cova.

Segundo nome: Burato das Choias
País: España
Com. Autónoma: Galicia Galicia
Provincia: Lugo
Concello: A Pobra do Brollón
Localidade: Biduedo
Coordenadas: n/d
Fuso horario: CET, UTC+1
Tipo de cova: n/d
Lonxitude: n/d
Altitude: n/d
Profundidade: n/d
Sitio web n/d

Chámase así porque na súa entrada habitaban numerosas choias biquivermellas, que teñen o pico curvado e vermello.

Descrición editar

A cova das Choias é de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de ferro, basicamente durante os séculos XVI e XVII. As súas dimensións son moi grandes e son visibles desde a entrada. A bóveda alcanza máis de 30 metros de altura, a súa lonxitude é duns 120 metros e a anchura excede os 20.

A gruta consta de tres niveis, sendo o intermedio o máis interesante debido á presenza de caprichosas formacións rochosas modeladas polo paso do tempo e pola acción humana. Na paisaxe do interior da caverna chaman tamén a atención os fortes contrastes de cores producidas pola oxidación do ferro presente na rocha, que van desde os verdes intensos ata unha variada tonalidade de ocres.

A uns 75 metros da entrada, na parede da dereita, ábrese unha galería que comunica co nivel inferior. O paso dun nivel a outro resulta algo problemático a causa do lixeiro desnivel e do chan esvaradío, polo que convén extremar as precaucións. Aquí localízanse outras cinco galerías, das que só a central ten saída ao exterior, aínda que se acha tapada pola maleza.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar