Cousas de tolos

serie de debuxos animados

Cousas de tolos (en xaponés: Osomatsu-kun) é unha serie xaponesa dirixida por Akira Shigino, que comezou a se emitir en Galicia no ano 2007, no programa infantil Xabarín Club da TVG.

Sinopse editar

A serie narra a vida cotiá de dúas familias antagónicas: a familia Tontobón, integrada por un fillo e un pai parvos e unha nai e outro fillo listos, e os Osomatsu, unha familia de seis membros que volven tolos ao barrio coas súas falcatruadas.

Personaxes editar

  • Os sextoxemelgos (Muttsuko): Son seis irmáns xemelgos, Osomatsu, Karamatsu, Choromatsu, Ichimatsu, Joshimatsu e Todomatsu, son os protagonistas principais.
  • Koneho (Iyami): Koneho vén de Francia, unha personaxe pérfida e retorcido, é moi pobre e quere facerse rica pasándo por estar morto, robar á xente para despois vender o roubado etc. É o curmán de Chibita e o inimigo dos irmáns Osomatsu. Cando va a algún restaurante lisca sempre sen pagar.
  • Tetoko Metoko (Totoko): Unha meniña tan doce coma petulante. Case que todos namoran dela, Koneho, Chibita, Hatabo etc. Ademais, é a única rapaza que sae na serie.
  • Chibita: É o pequeno da serie, e o máis sensíbel. Artella plans malvados para Osomatsu e os seus irmáns, canda Koneho.
  • Matsuzo
  • Matsuyo
  • Hatabo Metenabo (Hatabo Dajoo): Un rapaz moi amigo de Chibita. Está namorado de Tetoko.
  • Dekapan: O inventor da serie. Tamén sae nalgúns capítulos facéndose pasar por outras persoas, por exemplo, Deus, o tío dos irmáns Osomatsu etc.
  • Dayon: (o seu nome vén da palabra xaponesa "Dayo" que significa "así", pero terminada en "n" nasal, é algo semellante a que nós dixeramos "asín")
  • Avoo (Noojisan)
  • Chikako
  • Señor Honkan: Policía; gústalle disparar ao tolo sen parar.
  • O can nocturno
  • Jajako
  • Kemunpasu
  • Beshi
  • O avó de Rerere
  • Nyarome
  • Zukiko: É rapaza máis popular do barrio despois da rapaza snob Totoko.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar