Costasiella kuroshimae

especie de molusco

Costasiella kuroshimae é unha especie de lesma mariña sacoglossa. Costasiella kuroshimae son moluscos gasterópodos opistobranquios mariños sen cuncha da familia Costasiellidae.[1] O seu tamaño varía de 5 milímetros a 1 centímetro de lonxitude.

Costasiella kuroshimae

Costasiella cf. kuroshimae en Avrainvillea erecta. Localidade: Lizard Island, Gran Barreira de Coral. A lonxitude da lesma é de aproximadamente 1 cm.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Limapontioidea
Familia: Costasiellidae
Xénero: Costasiella
Especie: C. kuroshimae
Nome binomial
Costasiella kuroshimae
Ichikawa, 1993

Descrición editar

Foron descubertos en 1993 nas costas da illa xaponesa de Kuroshima, e atopáronse Costasiella kuroshimae en augas próximas ao Xapón, Filipinas e Indonesia. Viven en climas tropicais. Teñen dous ollos escuros e dous rinóforos que emerxen da parte superior das súas cabezas que non son moi diferentes ás orellas de ovella ou ás antenas dun insecto, de aí o nome común de "ovella de folla".

Os Costasiella kuroshimae son quen de realizar un proceso fisiolóxico chamado cleptoplastia, no que conservan os cloroplastos das algas das que se alimentan. A absorción dos cloroplastos das algas permítelles realizar indirectamente a fotosíntese.[2]

A especie tipo é a de Kuroshima, nas Illas Ryukyu.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Bouchet P (2014). "Costasiella kuroshimae Ichikawa 1993". World Register of Marine Species. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  2. Händeler K, Grzymbowski YP, Krug PJ, Wägele H (decembro de 2009). "Functional chloroplasts in metazoan cells - a unique evolutionary strategy in animal life". Frontiers in Zoology 6 (1): 28. PMC 2790442. PMID 19951407. doi:10.1186/1742-9994-6-28. 
  3. Jensen KR (2007). "Biogeography of the Sacoglossa (Mollusca, Opisthobranchia)." (PDF). Bonner Zoologische Beiträge. 55 (3/4): 255–81. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-10-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar