Coordenadas: 46°36′50″N 6°30′32″L / 46.61389, -6.50889

Cossonay é unha comuna suíza (concello) do cantón de Vaud.

Vista aérea de Cossonay
Casa do Concello

Xeografía editar

Situado a 560 msnm, o concello ocupa unha superficie de 8,29 km2.[1]

Segundo o censo do 31 de decembro de 2020, contaba con 4 223 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 509 hab./km2.

Cossonay está situada a uns 15 km ao noroeste de Lausana. O río Venoge separa a esta poboación da veciña Penthalaz.

Transportes editar

Ferrocarril editar

Cossonay non tiene propiamente unha estación de ferrocarril senón que está conectada mediante un funicular coa estación da veciña Penthalaz. O funicular necesita uns 6 minutos para realizar o traxecto entre ambas as poboacións.[3]

Monumentos editar

A vila conta con varios monumentos, entre os que destaca unha igrexa reformada dedicada a Saint Pierre et Saint Paul, que está catalogada como "ben cultural de importancia nacional" polo goberno suízo.[4]

Notas editar

  1. "Bilan démographique selon le niveau géographique institutionnel". Office fédéral de la statistique.
  2. Portraits régionaux 2021: chiffres-clés de toutes les communes". Office fédéral de la Statistique.
  3. Comuna de Cossonay (ed.). "Accesos e transportes". Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  4. Bevölkerungsschutz (Vaud) 2015, p. 398.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar