O cosmos (do grego antigo κόσμος, transl. kósmos, "orde", "organización", "beleza", "harmonía") é un termo que designa ao Universo no seu conxunto, a toda a estrutura universal na súa totalidade, desde do microcosmos ao macrocosmos.[1]

Representación do Cosmos de Peter Apian en Cosmographia

O cosmos é a totalidade de todas as cousas deste Universo ordenado, dende as estrelas até as partículas subatómicas. Pódese ser estudado na rama da Astronomía denominada Cosmoloxía.[2]

O astrónomo Carl Sagan define o termo cosmos como "todo o que foi, todo o que é e todo o que será".

Etimoloxía editar

 
"Os 9 mundos", unha representación do Cosmos segundo a mitoloxía nórdica.

A palabra deriva do termo grego κόσμος (kosmos), que literalmente significa "ben ordenado" ou "ornamentado" e metaforicamente "mundo", e é contrario ao concepto de caos (feo ou desordenado). Hoxe, a palabra úsase xeralmente como sinónimo de "Universo". A palabra "cosmético" orixínase da mesma raíz. En moitas linguas eslavas, como o ruso, o polaco, o búlgaro e o serbio, a palabra kosmos (космос) significa espazo exterior. En galego tamén é un termo referido ao espazo exterior á atmosfera terrestre.[1]

O filósofo grego Pitágoras foi o primeiro en utilizar o termo "κόσμος " para referirse ao universo, quizais significando referirse ao firmamento das estrelas.[3] A cosmoloxía é tamén unha rama da metafísica que se ocupa da natureza do Universo, unha teoría ou doutrina que describe a orde natural física do mesmo.[4]

Cosmoloxía editar

 
NGC 6744, unha galaxia.

A cosmoloxía é o estudo do cosmos en varios dos seus significados, dependendo do contexto. Todas as cosmoloxías teñen en común un intento de comprender a orde implícita e a beleza dentro do conxunto do ser. Deste xeito, a maioría das relixións e sistemas filosóficos teñen unha cosmoloxía. O Dicionario da Real Academia Galega recolle o termo cosmovisión (literamente visión do cosmos) e o sinónimo tomado do alemán weltanschauung (literamente visión do mundo).[5]

En cosmoloxía física, o termo "cosmos" úsase a miúdo de xeito técnico, referíndose a un continuo espazo-tempo particular dentro do (postulado) Universo. O noso cosmos particular, o Universo observábel, é xeralmente escrito con letra maiúscula no inicio (Cosmos) en portugués; en galego úsase a maiúscula cando se refire a un nome propio (por exemplo a serie de Sagan ou o filme Cosmos). A cosmoloxía tamén estuda o Universo dende a súa orixe, até agora onde está en expansión.

Teoloxía editar

 
Universum - Urbi et Orbi, unha representación do Cosmos no Gravado Flammarion (1888)

En teoloxía, o termo pódese usar para designar o Universo creado, sen incluír o creador. Na teoloxía cristiá, a palabra tamén se usa como sinónimo para referirse á "vida mundana" ou "este mundo", en oposición á outra vida ou ao mundo por vir.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "cosmos". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-01-15. 
  2. "Cosmoloxía". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-01-15. 
  3. SVadmin (2021-07-16). "Preguntas máis frecuentes: Por que os pitagóricos chamaron ao universo Cosmos?". Blog espacial. Consultado o 2024-01-15. 
  4. "Definition of COSMOLOGY". www.merriam-webster.com (en inglés). 2024-01-15. Consultado o 2024-01-15. 
  5. Redacción (2021-01-30). "'Weltanschauung', a palabra galega máis buscada no dicionario da RAG". GCiencia. Consultado o 2024-01-15. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.