Così fan tutte

ópera de Wolfgang Amadeus Mozart

Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti (en galego Así fan todas, ou A escola dos amantes) é a antepenúltima ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha ópera en dous actos con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte. Foi estreada no Burgtheater de Viena o 26 de xaneiro de 1790 baixo a batuta do propio compositor. Così Fan Tutte é a terceira e última ópera de Mozart con libreto de da Ponte (as outras dúas colaboracións foran Le nozze di Figaro e Don Giovanni). A composición de ópera foi suxerida polo emperador austríaco Xosé II de Habsburgo, mais recentes investigacións non apoian esta idea.[1] O libreto foi orixinalmente destinado a Antonio Salieri, compositor contemporáneo de Mozart, mais o compositor italiano só escribiu algunhas partes do 1º acto e, de seguida, desistiu no traballo. En 1994, John Rice descubriu dous terzetti de Salieri na Biblioteca Nacional de Austria.[2]

Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti
Así fan todas, ou A escola dos amantes
Cartel da estrea.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLorenzo da Ponte
Estrea26 de xaneiro de 1790
Teatro da estreaBurgtheater
Lugar da estreaViena
Duración3 horas
Música
CompositorWolfgang Amadeus Mozart
OrquestraciónCordas: * violíns (primeiros e segundos)
* violas
* violonchelos
* contrabaixos
frautas
clarinetes
óboes
fagots
trompas
trompetas
timbais
Personaxes

Fiordiligi (soprano)
Dorabella (mezzosoprano)
Guglielmo (barítono)
Ferrando (tenor)
Despina (soprano)
Don Alfonso (baixo)

Título editar

A tradución literal do título é "Así fan todas (as mulleres)", e menos literalmente: "o mesmo fan todas" ou "As mulleres son así". Estas palabras son cantadas polos tres homes cando falan do voluble amor feminino, no segundo acto, cadro III, xusto antes do finale. Da Ponte empregara o verso "Così fan tutte le belle" antes en Le nozze di Figaro (no acto I, escena 7). Algúns viron no título e o argumento da ópera un deixe de misoxinia por parte de Mozart e da Ponte.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea o 26 de xaneiro de 1790
(Director: Wolfgang Amadeus Mozart)
Fiordiligi, dama de Ferrara e irmá de Dorabella, vivindo en Nápoles soprano Adriana Ferrarese
Dorabella, dama de Ferrara e irmá de Fiordiligi, vivindo en Nápoles mezzosoprano Louise (Luisa) Villeneuve
Guglielmo, namorado de Fiordiligi, un soldado[3] barítono Francesco Benucci
Ferrando, namorado de Dorabella, un soldado tenor Vincenzo Calvesi
Despina, unha doncella soprano Dorotea Bussani
Don Alfonso, un vello filósofo baixo Francesco Bussani
Coro: soldados, sirvintes, mariñeiros

Na época de Mozart, a definición das voces era máis xeral: Fiordiligi (soprano), Dorabella (soprano), Guglielmo (baixo), Ferrando (tenor), Despina (soprano), Don Alfonso (baixo).[4]

Ocasionalmente as categorías de voces sinaladas aquí varían na práctica das representacións. Don Alfonso é interpretado con frecuencia por barítonos como Thomas Allen e Bo Skovhus, e Despina é decotío interpretada por unha mezzosoprano, como Cecilia Bartoli, Frederica von Stade ou Agnes Baltsa. A música de Guglielmo queda máis abaixo que a de Alfonso, e de conformidade con iso ten sido representado por baixos como James Morris ou Wladimiro Ganzarolli, e Dorabella é ocasionalmente (aínda que con moita menos frecuencia que as outras dúas circunstancias aquí citadas) interpretada por unha soprano. Ferrando e Fiordiligi, porén, só poden ser cantados por un tenor e unha soprano debido á exixente tesitura alta das súas voces.

Notas editar

  1. Brown, Bruce Allen. W.A. Mozart: Così fan tutte, Cambridge: Cambridge University Press. 1995. p. 10
  2. Collins, Michael, Notes, Second Series, Vol. 53, No. 4 (Junio de 1997), pp. 1142–1144. Music Library Association.
  3. O barítono Francesco Benucci fora anteriormente Figaro e Leporello.
  4. Como poñen de manifesto as edicións críticas de Bärenreiter da ópera e os correspondentes artigos en The New Grove Dictionary of Opera

Véxase tamén editar