Corifénidos
Os Corifénidos (Coryphaenidae), chamados comunmente dourados son unha familia de peixes mariños incluída orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Característica editar
Presentan unha intensa cor dourada, á que deben o nome [1], e un corpo comprimido lateralmente, alto na rexión cefálica. Liña lateral sinuosa.
Posúen unha única aleta dorsal que percorre todo o corpo desde a cabeza; a anal taménb longa pero comneza á metade do corpo. Nos presentan espiñas nas aletas (48-65 radios brandos na dorsal). Aletas pectorais curtas e algo falciformes e a caudal fortemente furcada. Poden alcanzar talles de 1,5 m de lonxitude máxima.
Son peixes de hábitos superficiais e comportamento peláxico. Aliméntanse de pequenos peixes e outros animais. Captúranse en pesca deportiva pero tamén teñen certo interese comercial (pesca industrial e acuicultura).
É unha das familias de peixes azuis asociados a un alto contido de histidina e, por conseguinte, relacionado con casos de intoxicación por histamina [2].
Clasificación editar
A familia contén un único xénero con dúas especies:
- Xénero Coryphaena
- Coryphaena hippurus (Linnaeus, 1758) - Dourado común
- Coryphaena equiselis (Linnaeus, 1758) - Dourado pampo
Notas editar
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corifénidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corifénidos |