O corvo pequeno[1][2] (Corvus corone), corvo común,[3] choia[4] é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.

Corvo pequeno

Corvus corone corone


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Especie: C. corone
Nome binomial
Corvus corone
Linnaeus, 1758
Distribución Corvus corone
Distribución Corvus corone

Distribución Corvus corone

Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.

A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.

O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.

Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.

.............
e o agoirador torpe que diz
que máis val o corvo que a perdiz,
nunca o Deus deixe mellor escoller.

Galería de imaxes editar

Mitoloxía editar

Para evitar que Cronos devorase ó seu sexto fillo, Zeus, tal como xa fixera cos anteriores, Rea pariuno agochada nunha cova da illa de Creta. Alí deixouno a criar baixo o coidado das ninfas e os Curetes e foi alimentado con mel e ambrosía. Houbo un home, Céleo, que quixo roubar o mel sagrado, e Zeus castigouno transformándoo nun corvo pequeno.[6]

Notas editar

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Dicionario Digalego corvo Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Choia.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do corvo viaraz. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-7154-379-6. 
  6. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Alianza Editorial 3ª ed. 2016. Nota da tradutora Julia García Moreno (px. 54).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar