Corticosterona

composto químico

A corticosterona [1][2] (CORT) ou 17-desoxicortisol [3] é unha hormona esteroide de 21 carbonos do grupo dos corticosteroides producida no córtex adrenal.

Corticosterona
Molécula de corticosterona
Identificadores
Número CAS 50-22-6
PubChem 5753
ChemSpider 5550
UNII W980KJ009P
DrugBank DB04652
MeSH Corticosterone
ChEBI CHEBI:16827
ChEMBL CHEMBL110739
Ligando IUPHAR 2869
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C21H30O4
Masa molar 346,46 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Funcións editar

En moitas especies, incluíndo anfibios, réptiles, roedores e aves, a corticosterona é un glicocorticoide principal,[4] que intervén na regulación da enerxía, reaccións inmunitarias e nas respostas ao estrés.

Porén, nos humanos, a corticosterona ten unha feble actividade hormonal, e a súa importancia débese fundamentalmente a que é un intermediario na vía esteroidoxénica que vai da pregnenolona á aldosterona, e que é a seguinte:

pregnenolonaproxesteronadesoxicorticosterona → corticosterona → aldosterona

Nos humanos prodúcese corticosterona principalmente na zona zona fasciculada do córtex das glándulas adrenais. A corticosterona é convertida en aldosterona polo encima aldosterona sintase, que se encontra só nas mitocondrias das células da zona glomerulosa, que é a capa máis superficial do córtex adrenal.

Produción e liberación editar

Un exemplo de vía de liberación desta hormona nos animais, concretamente nos anfibios da especie Taricha granulosa, é a exposición á luz ultravioleta B da súa pel; este estímulo parece desencadear neles a xeración interna de corticosterona.[5]

Notas editar

  1. ChemSpider Corticostrone
  2. CHEBI Corticosterone
  3. PubChem compound Corticosterone
  4. "e.hormone | The Hormones : Corticoids". Consultado o 2009-04-09. 
  5. C. Michael Hogan (2008) Rough-skinned Newt (Taricha granulosa), Globaltwitcher, ed. Nicklas Stromberg [1] Arquivado 27 de maio de 2009 en Wayback Machine.

Outras imaxes editar