Cornelius Castoriadis

Cornelius Castoriadis, nado en Istambul o 11 de marzo de 1922 e finado en París o 26 de decembro de 1997, foi un filósofo e psicanalista francés de orixe grega, defensor do concepto de autonomía política. Fundou nos anos 40 o grupo-revista Socialismo ou barbarie, de tendencias próximas ao comunismo de consellos e ao luxemburguismo.

Infotaula de personaCornelius Castoriadis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(el) Κορνήλιος Καστοριάδης Editar o valor em Wikidata
11 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Istambul, Turquía Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAtenas (1922–1945) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia (1970–)
Grecia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaLuxemburguismo (pt) Traducir, Comunismo de conselhos (pt) Traducir, autonomismo (pt) Traducir e socialismo libertario Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Paris X - Nanterre (pt) Traducir - Doutoramento (1980–)
Universidade de París - Mestrado (1946–1948)
Universidade de Atenas - xurisprudencia, economía (1937–1942) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMarxismo, Filosofía continental e economía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , psicólogo , político , profesor universitario , economista , escritor , psicanalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir, director of studies (en) Traducir (1980–)
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (1948–1970) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Internationalista (pt) Traducir (1946–1948)
Internationalist Revolutionary Party of Greece (en) Traducir (1943–)
Partido Comunista da Grécia (pt) Traducir (1941–1942)
Young Communist League of Greece (en) Traducir (1937–)
Internist Communist Party of Greece (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresGaston Bachelard e Jean Wahl (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPïerre Chaulieu
Marc Coudray
Paul Cardan Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLinda Cardinal (en) Traducir e Marco Antônio Zingano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePiera Aulagnier (1968–1984) Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 21548
Cornelius Castoriadis

Biografía editar

Castoriadis naceu en Istambul e mudouse coa súa familia a Atenas. Desenvolveu o seu interese pola política logo de entrar en contacto co pensamento e filosofía marxistas aos 13 anos. A súa primeira participación activa na política ocorreu durante a ditadura de Metaxas (1937), ano no que se uniu á Xuventude Ateniense Comunista. En 1941 uniuse ao Partido Comunista Grego (KKE). Un ano máis tarde abandonouno para incorporarse ao trostkismo. Isto último foi causa da súa persecución tanto polos fascistas como polos comunistas. En 1944 escribiu os seus primeiros ensaios sobre a ciencia social e sobre Max Weber, e publicounos nunha revista chamada "Arquivo da Socioloxía e a Ética ". Despois de licenciarse en ciencias políticas, economía e dereito pola universidade de Atenas, viaxou ata París en barco, onde se instalou permanentemente para seguir os seus estudos grazas a unha bolsa ofrecida polo Instituto Francés.

Actividade en París editar

Unha vez en París, Castoriadis uniuse ao trostkismo local e a grupos comunistas, abandonando este último en 1948. Entón uniuse a Claude Lefort para fundar o grupo-revista Socialismo ou Barbarie (Socialisme ou Barbarie), no que se incluíron Jean-François Lyotard, Edgar Morin e Guy Debord, que foron membros durante pouco tempo. A pesar da súa curta duración (autodisolveuse en 1965), este grupo-revista tivo unha importante influencia sobre a esquerda intelectual francesa.

Ao mesmo tempo, traballou como economista na Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento (OCED) ata 1970, o mesmo ano no que obtivo a cidadanía francesa. Ata ese momento, os seus escritos foron publicados baixo os pseudónimos de Pierre Chaulieu e Paul Cardan. O seu traballo na OCDE axudou considerablemente ás súas análises. Nos últimos anos de Socialismo ou Barbarie, Castoriadis rexeitou as teorías marxistas da economía e da historia.

Psicanálise editar

Aínda que estivo activo nos movementos políticos dos anos 1960, os seus intereses cambiaron da acción política directa e a revolución cara á busca de entender a relación do individuo humano coas formacións sociais. Isto conduciuno aos acordos máis filosóficos e psicanalíticos de vida humana social e política. O seu traballo fundamental publicado en 1975, “A institución imaxinaria da sociedade” (L'institution imaginaire de la société), Castoriadis realizou unha redefinición das fins da psicanálise, e apoiouse nela para producir os seus desenvolvementos relativos á imaxinación radical, e á indisociabilidade da psique e a sociedade. Tamén postulou a estratificación da psique como modo da súa constitución, dándolle nesta un lugar primordial á mónada psíquica, cuestión que articulará co seu pensamento filosófico e social. En 1980, fundou a facultade École des Hautes Études en Sciences Sociales.

Pensamento editar

A imaxinación, tal e como foi repensada por Castoriadis, é unha noción clave no seu pensamento, que xira arredor dela: é a orixe de todo o que se representa e é pensado, do racional, sendo a característica fundamental do suxeito humano a súa imaxinación defuncionalizada e liberada.

Fronte á lóxica formal, chamada por el conxuntista identitaria, propón a lóxica dos magmas, baseada na indeterminidade. A noción de magma aplícase tanto ao inconsciente, como un dos lugares de expresión da imaxinación radical, á sociedade, en tanto que hai un magma de significacións imaxinarias sociais. En relación á ciencia, propón a elucidación da mesma desde unha perspectiva histórico-social e filosófica. Debe estar dirixida sempre ao desafío de crear un pensamento complexo que sexa quen de facer pensar, de creación, de ruptura e xurdimento. A ciencia ten a incerteza no seu centro: todo coñecemento é parcial, en oposición á certeza, coagulación de todo saber posíbel, que responde a unha das características da psique e da sociedade. Así, dirá que o real non ten unha lóxica, ao mesmo tempo que non deixa de tela. Propón romper definitivamente coa separación entre ciencia e filosofía, e rematar coa ilusión de que a subxectividade pode quedar por fóra de todo saber.

Segundo Castoriadis, as sociedades móvense entre a heteronomía (alienación) e a autonomía. Esta última para ser alcanzada precisa da posta en funcionamento dun réxime democrático, no que a idea de mortalidade ocupa un lugar privilexiado. Este tipo de sociedade é capaz de reflexionar sobre as súas significacións, e instituír de modo lúcido novas. Pero a tendencia, tanto na sociedade do suxeito, é ao peche do sentido, da emerxencia do magmático. Outra cuestión a resaltar é que Castoriadis propugna un cambio profundo da relación dos integrantes da sociedade co coñecemento, o que implica unha diferente relación coa autoridade.

Finalmente, a cuestión do poder ocupa un lugar destacado na reflexión de Castoriadis: é anterior a todo poder explícito, e é o poder da institución da sociedade que exerce o colectivo anónimo. O poder, desta maneira, non é de ninguén. A ideoloxía que o acompaña non é máis que o aspecto racional das significacións imaxinarias sociais. As preguntas sobre o poder, sobre a igualdade, a xustiza, a liberdade, carecen dunha resposta última.

Obras editar

  • La Société bureaucratique (A sociedade burocrática), 1973.
  • L'Expérience du mouvement ouvrier (A experiencia do movemento obreiro), 1974.
  • L'institution imaginaire de la société (A institución imaxinaria da sociedade), 1975.
  • Les Carrefours du labyrinthe (As encrucilladas do labirinto), 1978 a 1999 (obra en sete volumes completada postumamente).
  • O contido do socialismo, 1979.
  • Capitalismo moderno e revolución 1979.
  • Devant la guerre (Ante a guerra), 1981 e 1983 (2 vols.).
  • Suxeito e verdade no modelo sociohistórico, 2002.
  • Ce qui fait la Grèce (A construción de Grecia), 2004.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Socialismo ou barbarie.

Ligazóns externas editar