O corindón é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3 (contén un 53% de aluminio).

Corindón
Fórmula químicaAl2O3
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoRomboédrico
CorIncolora, vermella, azul, amarela, verde e parda
BrilloVítreo
Dureza9
FracturaConcoidea
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaBranca
Densidade3,9-4,1 g/cm3

Aspecto editar

O corindón preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares, bipiramidales ou en forma de bocois.

Variedades de corindón editar

Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:

Existen outras moitas coloracións (incolora, amarela, verde e parda) aínda que son moito menos características desde mineral.

Lugares nos que se atopa editar

Podemos atopar corindón en xacementos de diversa natureza como en pegmatitas, en gneises, en mármores ou en peridotitas. Moito máis raro é atopalo en rochas volcánicas.

Tense atopado en forma detrítica nas areas no río Sil.

Usos do corindón editar

O corindón úsase basicamente en xoiería.

É ademais un axente abrasivo de grande efectividade cando é usado en sistemas para a preparación superficial do aceiro e traballos de gravado artístico en cristais, creando relevos con moita facilidade e incluso perforando o material. A altas presións pode cortar tamén o metal.

Pódese usar coma aditivo na elaboración do aceiro, otorgándolle características sobresalientes de maleabilidade.

Outros óxidos editar

Outros óxidos importantes son:

O rútilo, a magnetita e a casiterita.