Coregonus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, que é o tipo da subfamilia dos coregoninos.

Comprende numerosas especies denominadas corégonos, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.

Describíronse até 68 taxa, pero o número efectivo de especies é, como en case todos os xéneros de salmónidos, un tema suxeito a debate.

Sexan as que for, todas as especies do xénero teñen poboacións en vías de regresión, e algunhas están ao bordo da extinción.

De feito, moitas, especialmente dos Grandes Lagos norteamericanos e dos lagos alpinos de Europa, xa se extinguiron no século pasado.

Por iso todas as especies de Coregonus están hoxe protexidas ao abeiro do Convenio de Berna.

Características editar

 
Coregonus lavaretus, a especie tipo

O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos. De menor tamaño que o salmón, e con escamas máis grandes; teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel.[1]

A aleta dorsal ten polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida.[1]

De cor basicamente prateada, aínda que algúns individuos que viven en lagos de Norteamérica teñen o lombo de cor parda verdosa ou parda máis ou menos escura, pero sempre cos flancos prateados e o ventre abrancazado.

Hábitat, distribución e bioloxía editar

Son peixes fundamentalmente de auga doce que habitan nas zonas norteñas de América e Eurasia, en lagos e grandes ríos.

Porén, varias especies, entre elas Coregonus autumnalis, C. laurettae e C. sardinella, son anádromas, movéndose entre augas salgadas e doces.

Os adultos aliméntanse principalmente de larvas acuáticas de insectos, moluscos e crustáceos anfípodos, pero tamén doutros peixes e dos seus ovos, incluídos os seus propios (un caso de canibalismo). As crías aliméntanse de copépodos e cladóceros.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[2][3]

Etimoloxía editar

Linneo formou o nome unido o termo do grego antigo κόρη korē, "pupila do ollo" e o elemento do latín científico -gonus, derivado do grego γωνία gōnía, "ángulo".[4]

Sinónimos editar

Ao longo do tempo o xénero foi coñecido polos sinónimos:

Segundo o WoRMS:[2]

  • Argyrosomus Agassiz, 1850
  • Corregonus Linnaeus, 1758 (ortografía incorrecta)
  • Goregonus (ortografía incorrecta)
  • Leucichthys Dybowski, 1874
  • Tripteronotus Lacepède, 1803

Segundo o GBIF:[3]

  • Allosomus Jordan, 1878
  • Argyrosomus Agassiz, 1850
  • Caregonus Gistl, 1848
  • Cisco Jordan & Evermann, 1911
  • Coregonus Jarocki, 1822
  • Coregonus Lacepède, 1803
  • Corregonus Duméril, 1805
  • Corregonus Linnaeus, 1758
  • Corygonus Swainson, 1838
  • Goregonus
  • Leucichthys Dybowski, 1874
  • Thrissomimus Gill, 1911
  • Tripteronotus Lacepède, 1803

Nota taxonómica editar

O xénero foi antigamente subdividido en dous subxéneros, Coregonus (os corégonos propiamente ditos) e Leucichthys. O primeiro comprendería as especies con boca subterminal e xeralmente de hábitos alimentarios bentónicos, mentres que a segunda comprendería aquelas coa boca terminal ou supraterminal, e que se alimentaban de plancto peláxico. Porén, esta clasificación non é natural: segundo datos de análises moleculares de ADN mitocondrial, as supostas especies do subxénero Leucichthys comprenden dúas liñaxes distintas dentro do xénero. Ademais, o xénero Stenodus (da mesma subfamilia) non é filoxeneticamemte distinto de Coregonus.[5]

Especies editar

Hai moita incerteza e confusión na clasificación de moitas especies deste xénero. Actualmente FishBase recoñece 79 especies vivas e recentemente extintas:[6]

  • Coregonus albellus Fatio, 1890
  • Coregonus albula (Linnaeus, 1758) - Corégono branco.[7]
  • Coregonus alpenae (Koelz, 1924)
  • Coregonus alpinus Fatio, 1885
  • Coregonus anaulorum Chereshnev, 1996
  • Coregonus arenicolus Kottelat, 1997
  • Coregonus artedi Lesueur, 1818 - Corégono de Artedi.[7]
  • Coregonus atterensis Kottelat, 1997
  • Coregonus austriacus C. C. Vogt, 1909
  • Coregonus autumnalis (Pallas, 1776)
  • Coregonus baerii Kessler, 1864
  • Coregonus baicalensis Dybowsk, 1874
  • Coregonus baunti Mukhomediyarov, 1948
  • Coregonus bavaricus Hofer, 1909
  • Coregonus bezola Fatio, 1888
  • Coregonus candidus Goll, 1883
  • Coregonus chadary Dybowski, 1869
  • Coregonus clupeaformis (Mitchill, 1818) - Corégono de lago.[7]
  • Coregonus clupeoides Lacépède, 1803
  • Coregonus confusus Fatio, 1885
  • Coregonus danneri C. C. Vogt, 1908
  • Coregonus duplex Fatio, 1890
  • Coregonus fatioi Kottelat, 1997
  • Coregonus fera Jurine, 1825
  • Coregonus fontanae M. Schulz & Freyhof, 2003
  • Coregonus gutturosus (C. C. Gmelin, 1818)
  • Coregonus heglingus Schinz, 1822
  • Coregonus hiemalis Jurine, 1825
  • Coregonus hoferi L. S. Berg, 1932
  • Coregonus holsata Thienemann, 1916
  • Coregonus hoyi (Milner, 1874)
  • Coregonus huntsmani W. B. Scott, 1987
  • Coregonus johannae (G. Wagner, 1910)
  • Coregonus kiletz Michailovsky, 1903
  • Coregonus kiyi (Koelz, 1921)
  • Coregonus ladogae Pravdin, Golubev & Belyaeva, 1938
  • Coregonus laurettae . H. Bean, 1881
  • Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) - Corégono lavareto.[7]
  • Coregonus lucinensis Thienemann, 1933
  • Coregonus lutokka Kottelat, Bogutskaya & Freyhof, 2005
  • Coregonus macrophthalmus Nüsslin, 1882
  • Coregonus maraena (Bloch, 1779)
  • Coregonus maraenoides L. S. Berg, 1916
  • Coregonus maxillaris] Günther, 1866
  • Coregonus megalops Widegren, 1863
  • Coregonus migratorius (Georgi, 1775)
  • Coregonus muksun (Pallas, 1814)
  • Coregonus nasus (Pallas, 1776) - Corégono narigudo.[7]
  • Coregonus nelsonii T. H. Bean, 1884
  • Coregonus nigripinnis (Milner, 1874)
  • Coregonus nilssoni Valenciennes, 1848
  • Coregonus nipigon (Koelz, 1925)
  • Coregonus nobilis Haack, 1882
  • Coregonus oxyrinchus (Linnaeus, 1758) - Corégono bicudo.[7]
  • Coregonus palaea <smallG. Cuvier, 1829
  • Coregonus pallasii Valenciennes, 1848
  • Coregonus peled (J. F. Gmelin, 1789)
  • Coregonus pennantii Valenciennes, 1848
  • Coregonus pidschian (J. F. Gmelin, 1789) - Corégono do fondo.[7]
  • Coregonus pollan W. Thompson, 1835
  • Coregonus pravdinellus Dulkeit, 1949
  • Coregonus reighardi (Koelz, 1924)
  • Coregonus renke (Schrank, 1783)
  • Coregonus restrictus Fatio, 1885
  • Coregonus sardinella Valenciennes, 1848
  • Coregonus stigmaticus Regan, 1908
  • Coregonus subautumnalis Kaganowsky, 1932
  • Coregonus suidteri Fatio, 1885
  • Coregonus trybomi Svärdson, 1979
  • Coregonus tugun (Pallas, 1814)
  • Coregonus ussuriensis L. S. Berg, 1906
  • Coregonus vandesius J. Richardson, 1836
  • Coregonus vessicus Dryagin, 1932
  • Coregonus wartmanni (Bloch, 1784)
  • Coregonus widegreni Malmgren, 1863
  • Coregonus zenithicus (D. S. Jordan & Evermann, 1909)
  • Coregonus zuerichensis Nüsslin, 1882
  • Coregonus zugensis Nüsslin, 1882

Pola súa parte o World Register of Marine Species, seguido pola maioría dos ictiólogos, só admite 25 especies:[2]

Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nelson (2006).
  2. 2,0 2,1 2,2 Coregonus Linnaeus, 1758. Consultado o 9 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 Coregonus Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 9 de marzo de 2022.
  4. Webster's New International English Dictionary, 2012 Consultado o 11 de setembro de 2014.
  5. Bernatchez L.; Colombani, F. & Dodson J. J. (1991): Phylogenetic relationships among the subfamily Coregoninae as revealed by mitochondrial DNA restriction analysis Journal of Fish Biology 39 (Suppl A): 283-290.
  6. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Coregonus en FishBase.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), pp. 59-60.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dalslstrøm & Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-1161-2, p. 280.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar