Cordilleira Bismarck

Coordenadas: 5°30′S 144°45′L / -5.500, -144.750

A Cordilleira Bismarck é unha cadea montañosa do centro das Terras Altas de Papúa Nova Guinea. O nome da cordilleira vén do chanceler alemán Otto von Bismarck. Desde a década de 1880 até 1914, esta rexión foi colonia alemá.

Monte Wilhelm, na cordilleira Bismarck.

O seu punto máis alto é o Monte Wilhelm, de 4.509 m. A partir dos 3.400 metros, a paisaxe é alpina, con tundra, á contraria da tropical da contorna. O río Ramu ten a súa fonte nesta cordilleira.