Na mitoloxía grega, Coronis ou Corónide é unha rapaza de Larisa amante do deus Apolo. Trátase da nai de Asclepio.

Domenico Zampieri: Apolo tíralle unha frecha a Coronis (Apollo trafigge Coronide, 1616 - 1618). Villa Aldobrandini.

Coronis élle infiel a Apolo cun mozo tesalio. Segundo as obras de Hesíodo, Píndaro, Calímaco, Pausanias e o Pseudo-Apolodoro, o rapaz chámase Isquis; Antonino Liberal chámalle Alcioneo.

O deus Apolo é avisado do asunto por un corvo, animal de plumaxe branca até aquelas, pero castigado pola súa indiscreción por Apolo, quen o volve totalmente negro e portador de malos augurios. Esta metamorfose é narrada tanto por Calímaco como por Hesíodo.

Asclepio é o froito do amor entre Apolo e a moza, que morre estando embarazada atravesada por unha frecha do celoso deus, extraendo a Asclepio do seu ventre e entregándollo ao centauro Quirón para que o criara. Tras a cesárea póstuma, Coronis é incinerada.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar