Copa do Rei de Rugby 2008-2009
Na tempada 2008-2009 disputouse a 76ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.
2007-2008 << 2008-2009 >> 2009-2010 | |
Organizador | F.E.R. |
---|---|
Edición | 76ª |
Equipos | 8 |
Campión | CRC Madrid |
Finalista | CR Ciencias |
O torneo copeiro comezou unha vez rematada a competición de liga.[1] Na final, xogada no Campo de San Pablo de Sevilla o 10 de maio de 2009, o CRC Madrid de Pozuelo de Alarcón, que viña de gañar o campionato de liga, acadou tamén o título copeiro derrotando por 34 a 26 ó Cajasol Ciencias de Sevilla, que xogaba a final no seu propio campo.
Formato editar
O formato da competición contou con tres roldas eliminatorias:[2]
- Cuartos de final: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro entre os oito mellores equipos da liga na primeira volta.
- Semifinais: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro.
- Final: Encontro único nun campo elixido pola Federación Española de Rugby antes do comezo do torneo.
Participantes editar
Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[3]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | P+ | P- | Bonus |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CRC | 40 | 9 | 9 | 0 | 0 | 292 | 178 | 4 |
2º. | El Salvador | 33 | 9 | 7 | 0 | 2 | 256 | 136 | 5 |
3º. | Ciencias | 25 | 9 | 6 | 0 | 3 | 164 | 165 | 1 |
4º. | Santboiana | 22 | 9 | 5 | 0 | 4 | 182 | 186 | 2 |
5º. | Ordizia | 22 | 9 | 3 | 1 | 5 | 201 | 183 | 8 |
6º. | Getxo | 20 | 9 | 4 | 1 | 4 | 147 | 144 | 2 |
7º. | Les Abelles | 15 | 9 | 3 | 0 | 6 | 157 | 206 | 3 |
8º. | Bera Bera | 15 | 9 | 3 | 0 | 6 | 151 | 217 | 3 |
9º. | La Vila | 13 | 9 | 2 | 0 | 7 | 167 | 236 | 5 |
10º. | VRAC | 11 | 9 | 1 | 2 | 6 | 147 | 213 | 3 |
Torneo editar
- Cuartos de final: Encontro único (25/26 de abril de 2009)[4][5]
- Les Abelles 3-82 CRC
- El Salvador 34-10 Santboiana
- Ciencias 97-5 Bera Bera
- Ordizia 29-0 Getxo
- Semifinais: Encontro único (2/3 de maio de 2009)[6][7]
- CRC 55-25 El Salvador
- Ciencias 41-12 Ordizia
- Final: Encontro único (10 de maio de 2009)[8]
- Ciencias 26-34 CRC
- Cadro da competición
Cuartos de Final | Semifinais | Final | |||||||||||
Les Abelles | 3 | ||||||||||||
CRC | 82 | ||||||||||||
CRC | 55 | ||||||||||||
El Salvador | 25 | ||||||||||||
El Salvador | 34 | ||||||||||||
Santboiana | 10 | ||||||||||||
Ciencias | 26 | ||||||||||||
CRC | 34 | ||||||||||||
Ciencias | 97 | ||||||||||||
Bera Bera | 5 | ||||||||||||
Ciencias | 41 | ||||||||||||
Ordizia | 12 | ||||||||||||
Ordizia | 29 | ||||||||||||
Getxo | 0 |
Notas editar
- ↑ Sevilla acogerá la final de la Copa del Rey, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ Sorteados los cuartos de final de la Copa del Rey de Rugby, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El CRC Madrid se llevó el 'partido del año' y encarrila el título liguero, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El árbitro suspende por "superioridad manifiesta" el duelo copero entre Ciencias y Bera Bera, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ CRC Madrid y El Salvador se citan en semifinales de Copa, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El Cajasol Ciencias, primer finalista de la Copa, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ CRC Madrid se cita con el Ciencias en la final de Copa, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ CRC Madrid conquista la Copa del Rey y confirma su hegemonía nacional, artigo de Marca. (en castelán)