Copa do Mundo de Rugby 2007

A VI Copa mundial de rugby de 2007 é a sexta edición dos mundiais deste deporte, que se celebrou en Francia entre o 7 de setembro e o 20 de outubro de 2007. Celebrado cada catro anos, a primeira vez que se organiza nun país non anglófono, a primeira que se organiza na Europa continental, e a primeira que se organiza en Francia.

Copa do Mundo de Rugby 2007
7 de setembro - 20 de outubro
País anfitrión Francia
Con sedes en:
Gales
Escocia
No. de equipos 20 (91 na clasificación)
Podio
- Campión
- Subcampión
- Terceiro posto
- Cuarto posto

Suráfrica
Inglaterra
Arxentina
Francia
Partidos 48
Espectadores 2 263 223 (47.150 por partido)
Máximo anotador Percy Montgomery (105)
Máximo anotador
de ensaios (tries)
Bryan Habana (8)

Na súa fase final participan 20 seleccións, se ben na clasificación interviñeron 90 equipos distintos dos cinco continentes. Está organizada pola Asociación Internacional de Rugby (IRB).

Equipos participantes editar

Nesta edición da Copa do Mundo de rugby participaron 20 equipos, oito deles chegados dos cuartos de final do Mundial de rugby de 2003, clasificados automaticamente. Dez dos postos vacantes foron atribuídos logo das diferentes roldas clasificatorias desde setembro de 2004. Para estas competicións procedeuse a dividir os case 90 equipos participantes en cinco grupos rexionais: África, América, Asia, Europa e Oceanía. Os últimos dous postos determináronse tras unha fase de repesca entre os finalistas das distintas zonas rexionais.

Automaticamente clasificáronse Inglaterra, Francia, Irlanda, Escocia, Gales, Suráfrica, Australia e Nova Zelandia. De Europa clasificáronse ademais Xeorxia, Italia, Romanía e Portugal, estes últimos na repesca. De África clasificouse Namibia; de América, a Arxentina, o Canadá e os Estados Unidos; de Asia o Xapón; e de Oceanía, Fidxi, Samoa e Tonga, este último na repesca.

O 12 de maio de 2004 celebrouse no restaurante Fado's de Dublín o sorteo dos catro grupos de cinco equipos que participarán na primeira fase do Mundial. O sorteo foi realizado por Syd Millar, presidente da IRB, e Bernard Lapasset, presidente da federación francesa. Asignáronse catro cabezas de serie correspondentes cos equipos que chegaron ás semifinais de 2003: Inglaterra, Australia, Nova Zelandia e Francia.

Equipos participantes
  Inglaterra   Australia   Nova Zelandia   Francia
  Suráfrica   Gales   Escocia   Irlanda
  Samoa   Fidxi   Italia   Arxentina
  Estados Unidos   Canadá   Romanía   Xeorxia
  Tonga   Xapón   Portugal   Namibia

Participan pois na fase final tres seleccións, Inglaterra, Escocia e Gales, que non son recoñecidos internacionalmente como estados independentes. Ademais, Irlanda participa cun equipo integrado polos xogadores de Irlanda do Norte e da República de Irlanda.

Sedes editar

 
Mapa das sedes

Este mundial de rugbi terá sede en Francia, pero tamén se xogarán tres partidos en Gales, e un en Escocia. Irlanda decidiu que non se xogase ningún partido no seu por problemas de datas.

Lugar Estadio Capacidade
  Saint-Denis Stade de France 80.000
  Cardiff Millennium Stadium 74.500
  Edimburgo Murrayfield Stadium 67.500
  Marsella Stade Vélodrome 60.000
  París Parc des Princes 49.000
  Lens Stade Félix-Bollaert 41.800
  Lión Stade Gerland 41.200
  Nantes Stade de la Beaujoire 38.500
  Tolosa Stadium Municipal 37.000
  Saint-Étienne Stade Geoffroy-Guichard 36.000
  Bordeos Parc Lescure 35.200
  Montpellier Stade de la Mosson 33.900

Árbitros editar

Resultados e clasificacións editar

Fase de grupos editar

Grupo A editar

Selección X V E D GF GC XP Pt
  Suráfrica 4 4 0 0 125 32 3 19
  Inglaterra 4 3 0 1 108 88 1 14
  Tonga 4 2 0 2 89 96 0 9
  Samoa 4 1 0 3 69 143 1 5
  Estados Unidos 4 0 0 4 61 142 1 1
8 de setembro - Lens
  Inglaterra 28   Estados Unidos 10
9 de setembro - París
  Suráfrica 59   Samoa 7
12 de setembro - Montpellier
  Estados Unidos 15   Tonga 25
14 de setembro - Saint-Denis
  Inglaterra 0   Suráfrica 36
16 de setembro - Montpellier
  Samoa 15   Tonga 19
22 de setembro - Lens
  Suráfrica 30   Tonga 25
22 de setembro - Nantes
  Inglaterra 44   Samoa 22
26 de setembro - Saint-Étienne
  Samoa 25   Estados Unidos 21
28 de setembro - París
  Inglaterra 36   Tonga 20
28 de setembro - Montpellier
  Suráfrica 64   Estados Unidos 15

Grupo B editar

Selección X V E D GF GC XP Pt
  Australia 4 4 0 0 215 41 4 20
  Fidxi 4 3 0 1 114 131 3 15
  Gales 4 2 0 2 163 105 4 12
  Xapón 4 0 1 3 64 210 1 3
  Canadá 4 0 1 3 51 120 0 2
8 de setembro - Lión
  Australia 91   Xapón 3
9 de setembro - Nantes
  Gales 42   Canadá 17
12 de setembro - Tolosa
  Xapón 31   Fidxi 35
15 de setembro - Cardiff
  Gales 20   Australia 32
16 de setembro - Cardiff
  Fidxi 29   Canadá 16
20 de setembro - Cardiff
  Gales 72   Xapón 18
23 de setembro - Montpellier
  Australia 55   Fidxi 12
25 de setembro - Bordeos
  Canadá 12   Xapón 12
29 de setembro - Bordeos
  Australia 37   Canadá 6
29 de setembro - Nantes
  Gales 34   Fidxi 38

Grupo C editar

Selección X V E D GF GC XP Pt
  Nova Zelandia 4 4 0 0 309 35 4 20
  Escocia 4 3 0 1 116 66 2 14
  Italia 4 2 0 2 85 117 1 9
  Romanía 4 1 0 3 40 161 1 5
  Portugal 4 0 0 4 38 209 1 1
8 de setembro - Marsella
  Nova Zelandia 76   Italia 14
9 de setembro - Saint-Étienne
  Escocia 56   Portugal 10
12 de setembro - Marsella
  Italia 24   Romanía 18
15 de setembro - Lión
  Nova Zelandia 108   Portugal 13
18 de setembro - Edimburgo
  Escocia 42   Romanía 0
19 de setembro - París
  Italia 31   Portugal 5
23 de setembro - Edimburgo
  Escocia 0   Nova Zelandia 40
25 de setembro - Tolosa
  Romanía 14   Portugal 10
29 de setembro - Saint-Étienne
  Escocia 18   Italia 16
29 de setembro - Tolosa
  Nova Zelandia 85   Romanía 8

Grupo D editar

Selección X V E D GF GC XP Pt
  Arxentina 4 4 0 0 143 33 2 18
  Francia 4 3 0 1 188 37 3 15
  Irlanda 4 2 0 2 64 82 1 9
  Xeorxia 4 1 0 3 50 111 1 5
  Namibia 4 0 0 4 30 212 0 0
7 de setembro - Saint-Denis
  Francia 12   Arxentina 17
9 de setembro - Bordeos
  Irlanda 32   Namibia 17
11 de setembro - Lión
  Arxentina 33   Xeorxia 3
15 de setembro - Bordeos
  Irlanda 14   Xeorxia 10
16 de setembro - Tolosa
  Francia 87   Namibia 10
21 de setembro - Saint-Denis
  Francia 25   Irlanda 3
22 de setembro - Marsella
  Arxentina 63   Namibia 3
26 de setembro - Lens
  Xeorxia 30   Namibia 0
30 de setembro - Marsella
  Francia 64   Xeorxia 7
30 de setembro - París
  Irlanda 15   Arxentina 30

Fase eliminatoria editar

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
6 de outubro, Marsella
 
 
  Australia 10
 
13 de outubro, Saint-Denis
 
  Inglaterra 12
 
  Inglaterra 14
 
6 de outubro, Cardiff
 
  Francia 9
 
  Nova Zelandia 18
 
20 de outubro, Saint-Denis
 
  Francia 20
 
  Inglaterra 6
 
7 de outubro, Marsella
 
  Suráfrica 15
 
  Suráfrica 37
 
14 de outubro, Saint-Denis
 
  Fidxi 20
 
  Suráfrica 37
 
7 de outubro, Saint-Denis
 
  Arxentina 13 Terceiro posto
 
  Arxentina 19
 
19 de outubro, París
 
  Escocia 13
 
  Francia 10
 
 
  Arxentina 34
 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Edicións da Copa do Mundo de Rugby
1987 - 1991 - 1995 - 1999 - 2003 - 2007 - 2011 - 2015 - 2019 - 2023