Copa de Europa 1991-92

A edición 1991-92 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA foi a 37ª e derradeira na que se empregou ese nome. A partir da seguinte tempada esta competición comezou a chamarse Liga de Campións da UEFA, aínda que foi nesta edición e non na seguinte na que o formato pasou de ser totalmente de eliminatorias para ser en forma de grupos e liguiñas. O torneo se disputou entre outubro de 1991 e maio de 1992, coa participación de 32 equipos, representando ás súas 32 federacións nacionais.

Modelo:Competición deportivaCopa de Europa 1991-92
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo17 de setembro de 1991 – 20 de maio de 1992 Editar o valor em Wikidata
Número de edición37 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoFutbol Club Barcelona (España) (1º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos73 Editar o valor em Wikidata
Goles192 Editar o valor em Wikidata
GolSergey Yuran (pt) TraducirSport Lisboa e Benfica (7)
GolJean-Pierre PapinOlympique de Marsella (7) Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

Nesta edición da Copa de Europa o FC Barcelona acadou a súa 3ª presenza nunha final da máxima competición europea de clubs, enfrontándose nela ó equipo italiano da UC Sampdoria de Xénova, no antigo Estadio de Wembley en Londres, rematando o encontro coa vitoria culé por un gol a cero, gol que marcou o defensa holandés Ronald Koeman de falta directa no minuto 111 do encontro.

Como dato de interese, a participación do Arsenal FC neste torneo supuxo a volta dos equipos ingleses ás competicións europeas despois da sanción de varios anos que lles impuxo a UEFA trala traxedia de Heysel.

Dezaseisavos de final editar

Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
Besiktas JK   2 - 3   PSV Eindhoven 1 - 1 1 - 2
R.S.C. Anderlecht   4 - 1   Grasshopper-Club 1 - 1 3 - 0
Fram Reykjavík       2 - 2(v)   Panathinaikos FC 2 - 2 0 - 0
IFK Göteborg   (v)1 - 1       KS Flamurtari 0 - 0 1 - 1
Budapest Honvéd FC   3 - 1   Dundalk FC 1 - 1 2 - 0
UC Sampdoria   7 - 1   Rosenborg BK 5 - 0 2 - 1
Estrela Vermella   8 - 0   Portadown F.C. 4 - 0 4 - 0
CS Universitatea Craiova   2 - 3   Apollon Limassol 2 - 0 0 - 3
HJK Helsinki   0 - 4   FK Dynamo Kyiv 0 - 1 0 - 3
Brøndby IF   4 - 2   Zaglebie Lubin 3 - 0 1 - 2
Hamrun Spartans     0 - 10   SL Benfica 0 - 6 0 - 4
Arsenal FC   6 - 2   FK Austria Viena 6 - 1 0 - 1
FC Barcelona   3 - 1   FC Hansa Rostock 3 - 0 0 - 1
FC Kaiserslautern   3 - 1   FC Etar 2 - 0 1 - 1
US Luxembourg     0 - 10   Olympique de Marseille 0 - 5 0 - 5
AC Sparta Praha   (v)2 - 2       Glasgow Rangers 1 - 0 1 - 2

Oitavos de final editar

Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
PSV Eindhoven   0 - 2   R.S.C. Anderlecht 0 - 0 0 - 2
Panathinaikos FC   4 - 2   IFK Göteborg 2 - 0 2 - 2
Budapest Honvéd FC   3 - 4   UC Sampdoria 2 - 1 1 - 3
Estrela Vermella   5 - 1   Apollon Limassol 3 - 1 2 - 0
FK Dynamo Kyiv   2 - 1   Brøndby IF 1 - 1 1 - 0
SL Benfica   4 - 2   Arsenal FC 1 - 1 (pr)3 - 1     
FC Barcelona   (v)3 - 3       FC Kaiserslautern 2 - 0 1 - 3
Olympique de Marseille       4 - 4(v)   AC Sparta Praha 3 - 2 1 - 2

Grupos de cuartos de final editar

Grupo A editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1.   UC Sampdoria 8 6 3 2 1 10 5 +5
2.   Estrela Vermella 6 6 3 0 3 9 10 -1
3.   RSC Anderlecht 6 6 2 2 2 8 9 -1
4.   Panathinaikos FC 4 6 0 4 2 1 4 -3


Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 27 de novembro Constant Vanden Stock RSC Anderlecht Panathinaikos 0-0
1 27 de novembro Luigi Ferraris UC Sampdoria Estrela Vermella 2–0
2 11 de decembro Apostolos Nikolaidis Panathinaikos UC Sampdoria 0-0
2 12 de decembro Stadion Ülloi Út[1] Estrela Vermella RSC Anderlecht 3–2
3 4 de marzo Constant Vanden Stock RSC Anderlecht UC Sampdoria 3–2
3 4 de marzo Apostolos Nikolaidis Panathinaikos Estrela Vermella 0-2
4 18 de marzo Luigi Ferraris UC Sampdoria RSC Anderlecht 2-0
4 18 de marzo Balgarska Armiya Estrela Vermella Panathinaikos 1-0
5 1 de abril Apostolos Nikolaidis Panathinaikos RSC Anderlecht 0–0
5 1 de abril Balgarska Armiya Estrela Vermella UC Sampdoria 1-3
6 15 de abril Constant Vanden Stock RSC Anderlecht Estrela Vermella 3-2
6 15 de abril Luigi Ferraris UC Sampdoria Panathinaikos 1-1

Grupo B editar

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1.   FC Barcelona 9 6 4 1 1 10 4 +6
2.   AC Sparta Praga 6 6 2 2 2 7 7 0
3.   SL Benfica 5 6 1 3 2 8 5 +3
4.   FK Dynamo Kyiv 4 6 2 0 4 3 12 -9


Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 27 de novembro Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv SL Benfica 1-0
1 27 de novembro Camp Nou FC Barcelona AC Sparta Praha 3–2
2 11 de decembro Estádio da Luz SL Benfica FC Barcelona 0-0
2 11 de decembro Letná Stadium AC Sparta Praha FK Dynamo Kyiv 2–1
3 4 de marzo Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv FC Barcelona 0–2
3 4 de marzo Estádio da Luz SL Benfica AC Sparta Praha 1-1
4 18 de marzo Camp Nou FC Barcelona FK Dynamo Kyiv 3-0
4 18 de marzo Letná Stadium AC Sparta Praha SL Benfica 1-1
5 1 de abril Estádio da Luz SL Benfica FK Dynamo Kyiv 5–0
5 1 de abril Letná Stadium AC Sparta Praha FC Barcelona 1-0
6 15 de abril Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv AC Sparta Praha 1-0
6 15 de abril Camp Nou FC Barcelona SL Benfica 2-1

Final editar

Final
Competición Copa de Europa
Tempada 1991-92
Estadio Estadio de Wembley (Londres)
Capacidade 70.827
Campión Fútbol Club Barcelona
Finalista UC Sampdoria
Resultado 1 - 0
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
Finalista


A final da Copa de Europa na súa edición 1991-92 disputouse o 20 de maio de 1992 no antigo Estadio de Wembley, ao cal acudiron 70.827 persoas. Era a 5ª vez que este recinto acollía este evento, tralas finais dos anos 1963, 1968, 1971 e 1978.

 
Antigo estadio de Wembley.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o UC Sampdoria. O conxunto catalán chegaba á súa 3ª final, en tanto que o equipo italiano debutaba nunha máxima final continental. Non obstante, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.

Os adestradores dos dous equipos tiñan unha experiencia desigual. Johan Cruyff, adestrador do FC Barcelona, xa gañara a Copa de Europa 3 veces como xogador do Ajax de Amsterdam en 1971, 1972 e 1973, e como adestrador tiña no seu palmarés as Recopas de Europa dos anos 1987 (adestrando ó Ajax de Amsterdam) e 1989 (adestrando ó FC Barcelona). Pola súa banda, Vujadin Boškov, adestrador da UC Sampdoria, viña de perder a final da Copa de Europa de 1981 como adestrador do Real Madrid, e a final da Recopa de Europa en 1989 precisamente fronte ó FC Barcelona de Johan Cruyff.

O elixido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o alemán Aron Schmidhuber.

O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar ao equipo xermano oriental do Hansa Rostock en dezaseisavos de final, ao FC Kaiserslautern en oitavos de final, e de superar a Sparta Praga, SL Benfica e FK Dynamo Kyiv no Grupo B. Pola súa banda, a UC Sampdoria eliminou o Rosenborg BK noruegués en dezaseisavos de final, ao Honved FC húngaro en oitavos de final, e superou a Estrela Vermella, RSC Anderlecht e Panathinaikos FC no Grupo A.

O encontro non foi dominado por ningún dos dous equipos, e chegou ó minuto 90 con táboas no marcador, 0-0. No minuto 111 Eusebio Sacristán recibiu unha falta preto da área italiana. O xogador holandés Ronald Koeman lanzou a falta con forza e o balón entrou polo pau do porteiro. O encontro rematou co resultado final de FC Barcelona 1 - 0 UC Sampdoria.

Con esta vitoria o FC Barcelona acadou a 1ª Copa de Europa da súa historia. Co paso dos anos, aquel equipo foi chamado o Dream Team.

Máximos goleadores editar

Xogador Equipo Goles
  Hristo Stoichkov   FC Barcelona 4
  César Gonçalves Brito   SL Benfica 4
  Darko Pancev   Estrela Vermella 4

A UEFA considera os goles que foron marcados a partir da primeira fase de grupos, e non os das fases anteriores.

Notas editar

  1. O Estrela Vermella disputou tódolos seus encontros europeos da tempada como local lonxe do seu estadio por mor da Guerra dos Balcáns acontecida no seu país.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar