Copa de Europa 1960-61

A tempada 1960-61 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA disputouse entre outubro de 1960 e maio de 1961, e nel participaron 28 equipos de 27 países. Nesta 6ª edición da Copa de Europa o equipo portugués do SL Benfica acadou o seu primeiro título continental, vencendo na final disputada no Wankdorfstadion de Berna ao FC Barcelona.

Modelo:Competición deportivaCopa de Europa 1960-61
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes28 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 1960-1961 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo29 de setembro de 1960 – 31 de maio de 1961 Editar o valor em Wikidata
Número de edición6 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoSport Lisboa e Benfica (1º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos51 Editar o valor em Wikidata
Goles164 Editar o valor em Wikidata
Criterio empregado ?José Águas Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

Dezaseisavos de final editar

Equipo Local Ida Resultado Equipo Visitante Ida Ida Volta
Heart of Midlothian FC   1 - 5   SL Benfica 1 - 2 0 - 3
Estrela Vermella   1 - 5   Újpest Dózsa SC 1 - 2 0 - 3
AGF Århus   3 - 1   CWKS Varsovia 3 - 0 0 - 1
Fredrikstad FK   4 - 3   Ajax Ámsterdan 4 - 3 0 - 0
Rapid Viena   4 - 1   Beşiktaş JK 4 - 0 0 - 1
Glenavon FC   -  [1]SC Wismut Karl-Marx-Stadt - -
HIFK Helsinki   2 - 5   Malmö FF 1 - 3 1 - 2
Juventus   3 - 4   CDNA Sofía 2 - 0 1 - 4
FC Barcelona   5 - 0   Lierse SK 2 - 0 3 - 0
Steaua de Bucarest   -  [2]Spartak Hradec Králové - -
Stade de Reims   11 - 1     Jeunesse d'Esch 6 - 1 5 - 0
Limerick FC   2 - 9   BSC Young Boys 0 - 5 2 - 4

Roldas seguintes editar

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
       31 de maio (Berna)
                                     
           
   SL Benfica  6  1
   Újpest FC  2  2  
   SL Benfica  3  4
     AGF Århus  1  1  
   AGF Århus  3  1
   Fredrikstad FK  0  0  
   SL Benfica  3  1
     Rapid Viena  0  1  
   Rapid Viena[3]  3  0 (1)
   Karl-Marx-Stadt  1  2 (0)  
   Rapid Viena  2  2
     Malmö FF  0  0  
   Malmö FF  1  1
   PFC CSKA Sofia  0  1  
   SL Benfica  3  
     FC Barcelona  2  
   Real Madrid  2  1
   FC Barcelona  2  2  
   FC Barcelona  4  1
     FC Hradec Králové  0  1  
   FC Hradec Králové  1  0
   Panathinaikos FC  0  0  
   FC Barcelona[3]  1  1 (1)
     Hamburgo SV  0  2 (0)  
   Burnley FC  2  2
   Stade de Reims  0  3  
   Burnley FC  3  1
     Hamburgo SV  1  4  
   BSC Young Boys  0  3
   Hamburgo SV  5  3  

Final editar

Final
Competición Copa de Europa
Tempada 1960-61
Estadio Wankdorfstadion (Berna)
Capacidade 33.000
Campión SL Benfica
Finalista FC Barcelona
Resultado 3 - 2
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


A final da Copa de Europa na súa edición 1960-61 disputouse o 31 de maio de 1961 no hoxe desaparecido Wankdorfstadion de Berna, ao cal acudiron 33.000 persoas. Era a 1ª vez que este recinto acollía este evento.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o SL Benfica. Ámbolos dous conxuntos chegaban a unha final da Copa de Europa por primeira vez na súa historia, e polo tanto, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.

Os adestradores dos dous equipos eran Béla Guttman (SL Benfica) e Enrique Orizaola (FC Barcelona). Ningún deles tiña no seu palmarés ningún título europeo, e ámbolos dous debutaban nunha final.

O elixido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o suízo Gottfried Dienst.

O FC Barcelona de Luis Suárez e László Kubala chegaba á final despois de eliminar o Lierse SK en dezaseisavos de final, ó Real Madrid en oitavos de final, ó FC Hradec Králové en cuartos, e ó Hamburgo SV nas semifinais. A eliminación do Real Madrid nos oitavos de final supuxo a primeira eliminación do equipo branco nesta competición dende o seu nacemento. Pola súa banda, o SL Benfica de Eusébio tivo que eliminar o Heart of Midlothian FC escocés en dezaseisavos de final, ó Újpest FC húngaro en oitavos de final, ó AGF Århus dinamarqués en cuartos, e ó Rapid Viena en semifinais.

O encontro foi emocionante no tocante ó xogo que practicaron os dous equipos. O FC Barcelona abriu o taboleiro no minuto 20 cun gol do dianteiro húngaro Sándor Kocsis. No minuto 30 chegou a igualada por parte do SL Benfica cun gol de Xosé Águas. Tan só 2 minutos despois o porteiro Antoni Ramalléts marcou un gol na súa propia portería, poñendo ó SL Benfica por diante no encontro. Con ese resultado de 2-1 para o conxunto lisboeta chegouse ó descanso. Na segunda metade o SL Benfica marcou o 3-1 no minuto 55, cun gol do dianteiro Mario Coluna. Zoltán Czibor, o dianteiro húngaro do FC Barcelona, fixo o 3-2 no minuto 75, pero non foi abondo para acadar a vitoria na final.

A desgraza do FC Barcelona neste encontro non se detivo no autogol de Ramalléts, xa que os xogadores culés mandaron ata catro balóns ós paus da portería benfiquista.

Este triunfo supuxo a primeira Copa de Europa da historia do SL Benfica.

Notas editar

  1. O Glenavon FC retiróuse da competición por razóns políticas.
  2. O Steaua de Bucarest retiróuse da competición por razóns políticas.
  3. 3,0 3,1 Equipo clasificado trala disputa dun encontro de desempate.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar