Coordenadas celestes

conxunto de valores que sinalan a posición dun obxecto na esfera celeste

As coordenadas celestiais son o conxunto de valores que, dentro dun determinado sistema de referencia, sinalan a posición dun obxecto na esfera celeste. Existen diversos sistemas de coordenadas celestes segundo cal sexa a súa orixe e plano de referencia. Unha primeira clasificación, atende a se se trata de coordenadas cartesianas ou coordenadas esféricas.

Sistema horizontal de coordenadas.
Sistema ecuatorial de coordenadas.
Sistema ecuatorial de coordenadas para un observador na Terra.

Clasificación segundo o sistema de coordenadas elixido editar

A.- Sistemas de coordenadas cartesianas editar

Nas coordenadas rectangulares ou cartesianas tómanse tres eixes -x, y, z- perpendiculares entre si, que se cruzan no punto orixe, podendo ser este o Sol (Coordenadas heliocéntricas) ou a Terra (Coordenadas xeocéntricas). Por exemplo un punto P (x,y,z).

emprégase nalgúns casos para o Sistema Solar.
A unidade e a Unidade astronómica UA ou tamén o km.

B.- Sistemas de coordenadas esféricas editar

As coordenadas esféricas empréganse para superficies esféricas -a esfera celeste, a superficie dun planeta

Para situar un punto fan falla dous ángulos e unha distancia.
Por exemplo o punto   que forma un ángulo   co eixe X e un ángulo   co eixo Z, relacionase con coordenadas cartesianas:
 
 
 

A meirande parte das coordenadas celestiais son coordenadas esféricas.

En Astronomía a posición dun astro determínase de xeito ordinario usando coordenadas polares ou esféricas. De tódolos xeitos dado que en principio a distancia r é descoñecida, só nos preocupará a dirección OP do astro, determinable con dúas coordenadas. O que se fai e proxectar tódolos astros enriba duna esfera de raio arbitrario, denomina esfera celeste. Tal esfera está centrada no observador. Na realidade, o observador prescinde das irregularidades topográficas e só ve unha semiesfera celeste, limitada polo plano que pasa ao pé do observador e que corta a esfera celeste nun círculo chamado horizonte.

Clasificación segundo a posición do observador editar

Atendendo a se os seus valores dependen ou non da posición do observador, clasifícanse en:

Clasificación segundo o plano de referencia editar

 

Considerando o plano de referencia:

Orixe: topocéntrica
Coordenadas: acimut e altura ou distancia cenital
Orixe: topocéntrica
Coordenadas: ángulo horario e declinación
Orixe: xeocéntrica
Coordenadas: ascensión recta e declinación
Orixe: xeocéntrica ou heliocéntrica
Coordenadas: lonxitude celeste e latitude celeste, ou lonxitude e latitude eclípticas
Orixe: o centro da Vía Láctea
Coordenadas: lonxitude galáctica e latitude galáctica

Medida de ángulos editar

Os ángulos mídense en radiáns ou graos, ademais en astronomía tamén se miden en horas. Un ángulo de 1 hora ten 15º. O ángulo horario e a ascensión recta poderíanse medir en graos pero mídense en horas.

Os seus divisores son: 1 hora = 60 Minutos (min)

1 Minuto = 60 segundos 1 min = 60 s

Unha relación práctica e a equivalencia 1 º = 4 Minutos.

A Ascensión recta e un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR=3 h 25 min 13 s = 3,4202777... h= 51,304166..º =51 º 18 ' 15 "

Conversión de coordenadas editar

A conversión de coordenadas celestes permite pasar dunhas coordenadas a outras p. ex. de eclípticas a ecuatoriais, ou pasar de ecuatoriais a horarias, as conversións sucesivas permiten calquera transformación entre coordenadas. Chegado o caso se un día observamos un obxecto en coordenadas horizontais, anotamos a nosa posición na Terra e o lapso temporal podemos chegar ata as coordenadas ecuatoriais ou eclípticas correspondentes. Nas seguintes fórmulas, os grupos formados por tres formulacións deben terse plenamente en conta as tres (non só 2 fórmulas de 3).

Coordenadas horizontais a coordenadas horarias editar

Coñecendo os valores: Z do acimut e h da altura, a δ da declinación e o ángulo horario AH pódense obter a través das fórmulas:

 

onde o ángulo φ representa a latitude do lugar de observación astronómica.

Coordenadas horarias a coordenadas horizontais editar

Coñecidos os valores: AH do ángulo horario e δ da declinación, a h da altura e a Z do acimut poden ser obtidas a través das fórmulas:

 

onde o ángulo φ representa a latitude astronómica do lugar de observación.

Coordenadas horarias a coordenadas ecuatoriais editar

Coñecidos os valores AH do ángulo horario, e δ da declinación, a α da ascensión recta pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):

 

onde T e o tempo sideral no momento da observación.

Coordenadas ecuatoriais a coordenadas horarias editar

Coñecidos os valores da ascensión recta α,e o δ da declinación, o ángulo horario AH pódese obter (a declinación segue a ser a mesma):

 

onde T e o tempo sideral no momento da observación.

Coordenadas ecuatoriais a coordenadas eclípticas editar

Coñecido o valor α da ascensión recta, e o δ da declinación, as coordenadas eclípticas ß (latitude) e λ (lonxitude) pódense obter:

 

onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto é, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.

Coordenadas eclípticas a coordenadas ecuatoriais editar

Coñecidos os valores respectivos de λ e ß da lonxitude e da latitude da eclíptica, o δ da declinación e o α da ascensión recta pódense obter:

 

onde ε = 23.439281 ° representa a oblicuidade da eclíptica, isto e, o ángulo do plano do ecuador co plano da órbita terrestre arredor do sol.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar