Conversa usuaria:Maria zaos/wikidata

En base ao comentado no Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018, penso que podería crearse un Wikiproxecto:Wikidata, tomando como base esta subpáxina da Usuaria :Maria zaos. No Wikiproxecto podemos debater os criterios a seguir en relación ás diferentes liñas de traballo que xurdiron no encontro, e decidir os criterios a seguir.

Copio e pego unhas ideas que me deixou a usuaria na miña páxina de conversa


  • nome elemento (xenérico ou masculino)
  • descrición (na medida do posible en linguaxe inclusiva)
  • pseudónimos (incorporando aquí a denominación feminina)
  • etiqueta feminina - a palabra que sexa en galego

O que non vexo claro non o cambio. Ademais estou atopando moitas propiedades moi semellantes e cuxa aplicación non é moi intuitiva. Ando a poñelas na miña páxina de usuaria segundo os vou atopando para cando o teña máis claro facer unha consulta completa ou proposta en condicións.

Un dos pares que me preocupa é causa da morte (d:Q1931388)/causas do falecemento (d:P1196). Nisto estaba interesado (@Xabier Cid:.

Outras importantes son as subdvisións do concepto nome e as subdivisións xeográficas. Nisto último se tes práctica usándoas, por favor, dáme un exempliño e vou mirando como funcionan (hai conceptos duplicados, uns máis abstractos que outros). A idea era nun futuro organizarme un planiño de traballo e ir metendo pouco a pouco concellos, parroquias,etc. pero non vou facer nada polo momento, e menos sen falalo.

Vou seguir investigando e traducindo (non estou a crear en xeral Q´s novos)os bloques que serían máis básicos. Por exemplo, penso que estaría ben crear elementos de fontes básicas de referencia para poder incluílos nas referencias de propiedades elementos "básicos" novos. Desta maneira veño de modificar (que xa existía) o elemento DRAG (d:Q31281457). Dígoo porque veño de ver unha usuaria moi activa en wikidata que si, inclúe referencias a todo, moi ben e adoitan ser URLS a Google Books e cousas así.

O problema é que igual en xeral, era mellor crear elemento das fontes de referencia máis usadas para os bloques "básicos", porque non teño claro o de converter as ligazóns externas dunha entrada de Wikipedia en URLs do campo referencia en wikidata (que pasa se non son persistentes? e cos posibles conflitos de punto de vista?)

Fago chamamento ás persoas que asistiron ao encontro: @Maria zaos: @Elisardojm: @Xabier Cid: @Raivenra: @Brais Oliveira: @Viascos: @Servando2: @Lissall:.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2018 ás 18:53 (UTC)Responder

Eu seguirei o que vaides comentando pero como aínda non teño moi claras as ideas pouco podo achegar. O que si vou a tentar é conseguir a función para que as ocupacións saian en feminino, pero veremos se se consegue. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 19:52 (UTC)Responder
Eu de momento só ando a mirar as propiedades de ocupación, que edito en galego cos criterios de arriba porque cada vez que creemos un Q de persoa precisaremos as propiedades definidas de escritor, científico, etc. para que logo os modelos apliquen a etiqueta de sexo feminino se é necesaria. Tampuco é que teña moito tempo, ando a ver se vou entendendo cada cousa. Unha cousiña @Estevoaei:, eu referíame a dúas propiedades, ti a unha propiedade a un elemento de categoría, que tamén é relevante e non me fixara nel. "Un dos pares que me preocupa é causa da morte d:Q1931388/causas do falecemento d:P1196. Nisto estaba interesado @Xabier Cid:." a propiedade que falta é d:P509 Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 20:09 (UTC)Responder

Problema importante: creei un duplicado en wikidata editar

Para Tarsy Carballas Fernández ou Tarsy Carballas resulta que hai dous (Q11704235) e (Q50355727) xuro que buscara antes de crear o novo Q, pero supoño que non busquei adecuadamente. En fin, habería que eliminar o segundo (Q50355727) que o creei eu :( . Non sei se se pode facer ou como se solucionaría, mil perdóns por meter a zoca... O problema veu da páxina de Galipedia, que tamén estaba duplicada, pero xa ten un aviso de fusión. --Maria zaos (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 21:35 (UTC)Responder

@María zaos: en wikidata:Wikidata:Interwiki conflicts/Unresolved/2018 podes solicitar a fusión de dous elementos. Ao final de todo engades un; podes copiar e pegar o formato doutro, e indicar os números dos elementos de Tarsy Carballas (d:Q11704235 e d:Q50355727). Queres probar a facelo ti ou prefires que o faga eu? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 22:53 (UTC)Responder

@Estevoaei:Vou tentar facelo eu, que así aprendo, pero agora mesmo ando liadiña, que teño que entregar un traballo sen falta mañá, a ver se o martes. Graciñas, xa che contarei.--Maria zaos (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 23:34 (UTC)Responder
  Feito! @Estevoaei:Maria zaos (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 21:39 (UTC)Responder
@Estevoaei: xa o resolveron, son moi rápidos! :) Graciñas de novo--Maria zaos (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 21:57 (UTC)Responder
Volver á páxina do usuario "Maria zaos/wikidata".