Conversa modelo:Nervios craniais pequeno

Creo que do modelo debería ser eliminado o par cranial 0. Ou se se quere manter, colocar unha referencia válida, porque non atopo indicios da súa existencia nos atlas de anatomía de Gray, Netter nin en libros de neuroloxía. Soamente pequenos artigos na procura en google. --Silverfox 22:15, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Si cres que hai que editar, edita. Ninguén máis capacitado ca ti. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:23, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Retireino, xa que na bibliografía que posúo non atopo nada de nada. --Silverfox 22:30, 16 de setembro de 2010 (UTC)

  • A ver, na Wikipedia en inglés teñen artigo con algo de bibliografía: Cranial nerve zero; e na Wikipedia en castelán chámano nervio terminal. Así que algo debe ser. Certo é que comentan que its presence in humans remains controversial. Non coñezo abondo o campo para dar maior opinión. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:19, 17 de setembro de 2010 (UTC)

Buscando polas wikipedias na mesma wikipedia inglesa figura o nervio cranial 0 (CN0 is not traditionally recognized) e a referencia que empregan en varios artigos é un artigo de 1990 sobre tal estrutura. Se buscamos "cranial nerve zero" nun motor de búsca, apenas atopamos nada (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed).

Nas wikipedias francesa e italiana, nos artigos de par cranial tampouco atopei nada: http://it.wikipedia.org/wiki/Nervi_cranici http://fr.wikipedia.org/wiki/Nerf_cr%C3%A2nien

--Silverfox 19:14, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Volver á páxina "Nervios craniais pequeno".