Conversa modelo:Cita web

Último comentário: hai 4 anos de Gato con patas no tópico As comiñas no título e a cita

Na es:Plantilla:Cita web existe o parámetro en desuso "coautores". Como se pode facer para que se se usa ese parámetro no Modelo:Cita web, que o considera incorrecto, apareza a suxestión dos parámetros "nome2" e "apelido2"? Graciñas. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 15:16 (UTC)Responder

Iso seguramente o saiba Banjo que é o que máis controla de como están montados estes modelos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 15:23 (UTC)Responder
Entendo que ven o tema polo editor visual. Iso defínese no TemplateData de cada modelo. No único que o atopei foi en {{cita novas}}, este xa non o ten definido e non aparece. Quiteino das descricións do uso nos modelos principais tamén. Banjo tell me 26 de xaneiro de 2018 ás 15:32 (UTC)Responder

As comiñas no título e a cita editar

Actualmente, os títulos e as citas das referencias móstranse da seguinte maneira:[comiñas 1]

  1. "Modelo:Cita web". Este modelo emprégase para citar páxinas web en xeral que non se caracterizan en ningún dos outros modelos de citas. 

Esta manera non emprega ningunha das comiñas utilizadas en galego: angulares («») ou dobres (“”), senón que utiliza "estas" (que non son as “dobres” reales). Sería unha boa idea cambiar o modelo para que empregue unhas das dous anteriores? (O manual de estilo do Diario Oficial de Galicia [1] e o artigo na Galipedia «Comiñas» recomenda o uso das angulares.)

  1. «Modelo:Cita web». «Este modelo emprégase para citar páxinas web en xeral que non se caracterizan en ningún dos outros modelos de citas.»
  2. “Modelo:Cita web”. “Este modelo emprégase para citar páxinas web en xeral que non se caracterizan en ningún dos outros modelos de citas.”

Grazas!   Gato con patas / / Conversa, 12 de agosto de 2019 ás 14:12 (UTC)Responder

Volver á páxina "Cita web".