Conversa modelo:Catedrais e dioceses galegas

Último comentário: hai 9 anos de Piquito no tópico Falta

Falta editar

Falta a diocese de Astorga, con parte do territorio en Galicia. --Norrin (Fálame) 24 de novembro de 2014 ás 07:38 (UTC)Responder

Norrin, xa sei que falta. Non a incluín porque non creo que sexa unha diocese galega, é certo que parte do seu terrritorio está en Galiza, pero a sé está en Astorga, polo que non creo que a debamos considerar unha diocese galega. Claro que eu son profano no tema e podo estar errado. Un saúdo!! Piquito (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 11:28 (UTC)Responder
Eu tampouco creo que aquí teña cabida a Diocese de Astorga, desde logo. Por certo, hoxe me confirmaron que a igrexa de Iria Flavia nunca tivo a consideración de Catedral. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 20:11 (UTC)Responder
Pois eu entendo que si... que é unha diocese galega? Se entendemos unha diocese galega como unha que está en Galicia, pois a de Astorga, cando menos parcialmente, está. En canto a poboación, o 20% dos fieis son galegos. Ademáis, está o feito de que o Reino de Galicia incluía parte das que hoxe son as provincias de León e Zamora. Unha posible solución: Engadila en cursiva e cun asterisco, cunha nota ao pé no mesmo modelo, que indique que é parcialmente galega. --Norrin (Fálame) 26 de novembro de 2014 ás 07:13 (UTC)Responder
Eu sigo sen velo, por outra banda, non creo que debamos alegar cuestións históricas e facer alusión ao Reino de Galiza, xa que eso nos levaría a incluír mesmo a arquidiocese de Braga. De todos xeitos eu non teño moita idea, a miña intención inicial era poñer as catedrais que hai en Galiza e as súas dioceses ou arquidioceses, tampouco me parece mal a solución que plantexa Norrin, facede como vexades. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de novembro de 2014 ás 10:03 (UTC)Responder
Volver á páxina "Catedrais e dioceses galegas".