Conversa categoría:Amazon
Último comentário: hai 5 anos de Banjo no tópico .com (ou non)
.com (ou non) editar
@Banjo:
Viches d:Q8878347? Case todos lle poñen o punto-com (e en.wiki tamén, ata novembro do ano pasado). --. HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2018 ás 16:51 (UTC)
- @HombreDHojalata: Si, de feito en en.wiki usan "Amazon" como páxina de homónimos, entendible xa que a propia palabra en inglés ten máis dun significado (as amazonas, o río, a Amazonia...) Entendo que no noso caso, xa que non temos ese problema de homonimia, o título máis axeitado tanto para o artigo como a categoría é simplemente "Amazon" xa que:
- É o título máis sinxelo e recoñecible da propia empresa. O seu nome legal é "Amazon.com, Inc.", pero o seu nome comercial é simplemente "Amazon", mentres que "Amazon.com" é o sitio web que usa a propia empresa para dar un dos seus servizos (o principal, iso si).
- É o tema primario con ese título, por uso actual, de lonxe. As fontes que fan referencia a "Amazon" na gran maioría dos casos refírense á propia empresa, non só ó sitio web. Sobre todo polo auxe dos seus produtos secundarios (Prime, Video, Alexa, etc...)
- Mantén a concordancia con outras categorías e títulos de empresas semellantes (Google + cat, Microsoft + cat etc.)
- Finalmente, o uso que fagan no resto de wikipedias entendo que é desbotable e secundario para nós, xa que hai fontes dabondo en galego que fan referencia á empresa con este nome, e polo tanto deberíamos tirar delas principalmente para definir o título (en lugar de apoiarnos nos usos doutras wikis por falta de fontes como se fai noutras ocasións nas que sí pode ser preciso).
- ☣Banjo tell me 12 de novembro de 2018 ás 18:35 (UTC)