Conversa Wikipedia:Wikiproxecto A esmorga

Último comentário: hai 4 anos de Maria zaos no tópico Descrición do campo obra

Problemas cos que nos estamos atopando:

  • En cada edición habería que engadir a colección literaria en que saíu publicada a novela; mais a propiedade P179 (parte da serie) abrangue tanto a colección literaria como a saga.
  • Cumpriría que o Catálogo Iacobus (d:Q66309195) pasase a ser un identificador para que aparecese no control de autoridades e fose usado máis facilmente como referencia.
  • Un dos modelos que usamos como guía é o elemento da novela Ulises (d:Q6511); nese caso, as tradutoras e tradutores aparecen no propio elemento da novela, non especificamente en cada edición que traduciron.

--Estevo(aei)fálame aquí 18 de outubro de 2019 ás 07:09 (UTC)Responder

Propostas de propiedade editar

  • Identificador BiTraga de edición
  • Identificador do catálogo Iacobus

Maria zaos (conversa) 11 de novembro de 2019 ás 11:57 (UTC)Responder

Se facedes os P logo é moi doado metelos no módulo de control de autoridades, só hai que engadilos en Módulo:Control de autoridades/conf. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2019 ás 14:19 (UTC)Responder
As Ps teñen que ser propostas e aprobadas, non é cousa dun día para outro, pero está ben sabelo, grazas Elisardojm .--Maria zaos (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 12:10 (UTC)Responder

Melloras en modelos editar

Maria zaos (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 12:10 (UTC)Responder

Descrición do campo obra editar

É dubidoso se na descrición da obra noutros idiomas se debe facer referencia ao título orixinal ou ao título da(s) tradución(s) existentes.Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2020 ás 11:18 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto A esmorga".