Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter/Evolución

Mediana editar

Hai que corrixir o título da columna que di Media do tamaño dos artigos, en realidade é a mediana do tamaño dos artigos, é dicir, ordenados os 1.000 artigos de menor a maior tamaño, a mediana sería o valor central. Como o número de artigos é par, hai dous valores centrais e a mediana é a media aritmética dos tamaños dos artigos que ocupan os lugares 500 e 501. Este valor é de 7.672, isto quere dicir que hai 500 artigos cun tamaño menor que 7.672 bytes, e outros 500 cun tamaño maior. Se o comparamos co valor da media dos tamaños, practicamente o dobre (15.211 bytes), vemos que hai un pronunciado nesgo cara á esquerda. Conforme vaiamos aumentando o tamaño dos artigos, e diminúan os que son menores de 10 Kb., irá diminuíndo o nesgo (a non ser que os maiores de 30 Kb. os fagamos moi grandes). --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de xullo de 2013 ás 19:43 (UTC)Responder

Xa fixen o cambio, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de xullo de 2013 ás 22:57 (UTC)Responder

Gastroenterite editar

Parece que houbo cambios na lista dos 1000, polo que entendo agora está Gastroenterite pero non sei cal quitaron. Hai que revisar as listas para poñerlle as marcas e categorías ós artigos correctos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2015 ás 10:42 (UTC)Responder

Forzas armadas <> militar editar

Temos unha cousa rara. Resulta que está a saír que temos un artigo como bosquexo, o de Forzas armadas, pero o problema é que ese artigo non está na lista nin ten o modelo dos 1000... E se temos que meter ese artigo, cal haberá que quitar? Na lista dos 1000 temos o artigo militar, pero ese non é o que está en meta. Se vos parece ben, cambio un polo outro. Ti que dis, Xosé Antonio? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 15:47 (UTC)Responder

O meu modo de ver penso que o artigo que cumple cos requisitos que se vuscan é Forzas armadas pois é o significado que teria Military en galego xa que Militar seria military personnel, en inglés, o sexa personal militar.--Alfonso mande 6 de xuño de 2019 ás 19:53 (UTC)Responder
Moi ben Alfonso, pois entón cámbioo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 20:51 (UTC)Responder
Estou de acordo con Alfonso pero acabo de botarlle unha ollada por riba aos dous artigos e penso que o contido do artigo Militar é máis propio do artigo Forzas armadas. Habería que trasladar dito contido a Forzas armadas e encher o artigo Militar cun texto acorde co título, algo parecido ao artigo na wiki inglesa Military personnel. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xuño de 2019 ás 23:03 (UTC)Responder
Eu vou traballar no artigo das Forzas armadas, se logo me lembro reviso o de militar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:05 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter/Evolución".