Conversa Wikipedia:Citar as fontes

Entendemento editar

  • esto creo que o único a valorar é o nivel de entendemento do texto, xa que o contido provén dos Cinco piares e polo tanto é común a todas as wikis. Lansbricae (Ti dirás) 07:33, 4 outubro 2007 (UTC)
  • O texto necesita unha revisión lingüística, que entren en escena as notas (ou referencias, e non só a bibliografía). Tamén explicar como se piden as referencias (co template cómpre referencia). E aclararse se na bibliografía o nome e apelidos van en maiúsculas ou non (no uso do template aparece sen maiúsculas e nesta tradución dise que con maiúsculas). AlberteSi, digame? 22:35, 22 outubro 2007 (UTC)
  • O que é a política en sí mesma non precisa ser consensuada, todos temos claro que hai que cita-las fontes. O tema é consensuar como aplicala, como dí Alberte. Un primeiro paso para comezar, é facer algo semellante ó que hai na en.wiki: Wikipedia:Citation Templates. Deberiamos comezar por alí, eu creo.---- FryantTralarí Tralará 22:51, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Propoño mellor segui-lo modelo máis próximo das universidades de Sevilla [1] ou La Rioja [2], baseadas na norma ISO 690. Sería bo que alguén buscarse se hai algo semellante das universidades galegas. Eu só atopei a norma que seguen en "Cadernos de Fraseoloxía Galega", do Centro Ramón Piñeiro [3], que segue un criterio parecido a excepción da colocación do ano de edición. Pedro --Lameiro (conversa) 23:29, 22 outubro 2007 (UTC)
  • Está claro que eu prefiero as normas galegas para citar, referíame máis o pór o da inglesa oó estilo de presentación das normas. Respecto ás citas en sí, atopei unha especie de tutorial baseado na Norma UNe que dí embaixo Emilio da Facultade de Informática da UDC que podería valer: [4] ---- FryantTralarí Tralará 14:55, 23 outubro 2007 (UTC)


Normas editar

O texto está tirado da wiki en portugués que está baseado tamén na ISO 690, nese caso nas correspondencias portuguesa NP 405 e brasileira NBR 6023. Seguindo a normativa europea a que corresponderia adoptar é a UNE 50-104-94. Está en moitos sitios, neste en galego:

[5]

Por min seguimos a norma, que sempre é un argumento de peso (estandarización ..). A min en concreto non me gosta o dos autores en maiúscula, pero se deixamos a norma como está listo. --emilio juanatey(talk) 08:41, 23 outubro 2007 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Citar as fontes".