Conversa Wikipedia:Artigos de calidade/Control de calidade xuño 2015

Código QR editar

Outra cousa que se podería poñer nestes controis sería que todos tiveran o código QR, que che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 20:26 (UTC)Responder

Xenial idea meu! Fixen unha proba con Sirius seguindo o modelo do de Castelao, apúntoo coma pendente para o resto que non o ten e imos engadindoos pouco a pouco :) Banjo tell me 28 de xuño de 2015 ás 20

E isto como se fai? Piquito (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 20:52 (UTC)Responder
É moi sinxelo Piquito, tan só hai que buscar unha páxina web que transforme a dirección web no código, por exemplo acabo de atopar esta, poñer a dirección do artigo e darlle a xerar. Logo a imaxe do código hai que gardala no ordenador, premendo co botón dereito do rato sobre ela, e logo subila a Commons. Tes que metelo na categoría Commons:Category:Galician Wikipedia e na Commons:Category:QRpedia QR codes. Preferiblemente ponlle de nome W.gl.nome de artigo.png para que quede coma os outros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 22:35 (UTC)Responder

Lista de cousas a comprobar editar

Penso que tamén estaría ben ter no comezo da páxina unha lista con todas as cousas que se controlan, para que quede claro para os seguintes artigos, non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 21:09 (UTC)Responder

Canto traballiño me das Elisardojm... :P Si, hai moitas cousas que están especificadas en "modo-banjo" e ao mellor non tan claras, engádolle ahi unha breve explicación dos criterios da revisión e que facer en cada caso :) Banjo tell me 28 de xuño de 2015 ás 21:14 (UTC)Responder

Eeei, mola! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 23:31 (UTC)Responder

Nova Zelandia editar

Máis traballo, mirei as citas Harvard do artigo Nova Zelandia pero hai unha que non me funciona, é a 71, porque ten dous autores. Fixen o que pon a axuda de separar os autores por | pero aínda así non vai. Cando teñas un momento libre, podes botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 01:04 (UTC)Responder

Tiña un espazo en branco no segundo parámetro e non lle molaba. Nas {{cita libro}} da bibliografía, cando se engade o de |ref=harv, a "áncora" xérase tomando os apelidos e o ano, queda do tipo "#CITEREFapelido1apelido2ano". En {{cita Harvard}} hai que poñer {{Cita Harvard|apelido1|apelido2|ano|p=XX|sp=sí}}, así seguido sen espazos en branco, para que quede coa mesma áncora. Só con que teña un espazo de máis nalgún valor, p.ex. {{Cita Harvard|apelido1| apelido2|..., a áncora xa cambia, neste exemplo quedaría "#CITEREFapelido1_apelido2ano". Son un pouco puñeteiros estes modelos :D Banjo tell me 29 de xuño de 2015 ás 05:48 (UTC)Responder
Grazas, si que son puñeteiras si. Por certo, en galego "si" non leva til, cando é condicional é "se" :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 09:38 (UTC)Responder

Cambio de espazo de nomes editar

Ó mellor conviría mover esta páxina ó espazo de nomes de Wikipedia e que colgara da páxina dos artigos de Calidade xa que penso que é de utilidade xeral, non credes? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 09:48 (UTC)Responder

Lenin editar

No artigo Lenin botas en falta referencias na sección "Cultura popular". Non sei se faltarán ou non, pero o que teño claro é que a aparición de Lenin no cine e na televisión non se pode chamar "cultura pupular", nin moito menos. Tamén é certo que non teño ningunha alternativa. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xullo de 2015 ás 22:17 (UTC)Responder

As referencias ahí son seguramente doadas de atopar, en IMDB mesmo seguro están todas, xa me encargo diso. En canto o título da sección, se ves que non é moi axeitado, podería cambiarse a algo así coma "Cine e televisión" ou "Aparicións no cine e televisión"... algo polo estilo. Banjo tell me 2 de xullo de 2015 ás 08:42 (UTC)Responder

Outro control editar

Outra cousa que se podería controlar é se os artigos teñen ligazóns cos proxectos irmáns, sobre todo con Commons, Galicitas e Galilibros ou o Galicionario nos casos que sexa posible. Que che parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 13:12 (UTC)Responder

Paréceme que abusas un pouco :P. É boa idea, apuntei abaixo de todo a tarefa, levo xa uns cantos revisados, sigo máis tarde. Banjo tell me 2 de xullo de 2015 ás 13:58 (UTC)Responder

control de calidade editar

Esta páxina podería pasar de ser a subpáxina dun usuario a formar unha páxina dentro da Wiki, como Wikipedia:Artigos de calidade/Control de calidade. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xullo de 2015 ás 13:49 (UTC)Responder

  Feito! Estevo(aei). Xa o comentara Elisardojm mais non me dera conta. Engadín a data de cando se fixo, para diferenciala de futuros controis que se fagan posteriormente. Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 13:57 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Artigos de calidade/Control de calidade xuño 2015".