Conversa:República Socialista Soviética de Moldavia

Untitled editar

Ola, parabéns polos tres artigos... pero en galego é Moldavia... non Moldova. Despois hai algunha dúbida sobre como debemos escribir Quirguistán, pero esa parece ser a solución máis correcta, e non Quirguicistán. Se a etnia maioritaria do país son os quirguises (sing. quirguís), o nome lóxico de creación é Quirguistán, e non Quirguicistán, construído sobre o castelán (porque para os casteláns chámanlles quirguices). Ademais, o portugués tamén lle chama Quirguistão.

A lingua editar

Independentemente de que consideremos que a lingua que se fala en Moldavia agora é moldavo ou romanés, o certo é que a lingua oficial da república socialista era o moldavo, así recoñecido polo seu goberno, e caracterizada fundamentalmente por estar escrita en cirílico.

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Cmapm engadiu o marcador de borrado Delete en Image:Coat_of_arms_of_the_Soviet_Union.svg: trying to stop erroneous image's spreading over interwikis, good PD version is available(diff);

-- CommonsTicker 18:16, 1 marzo 2007 (UTC)

Volver á páxina "República Socialista Soviética de Moldavia".