Conversa:Provincia de Pesaro e Urbino

Último comentário: hai 28 días de Chum no tópico Cambio nome de artigo

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 09:59 (UTC)Responder

Cambio nome de artigo editar

Primeiro pido perdón pola miña inexperiencia na wiki e a pouca que tiña quedou bastante enferruxada polas modernizacións do sistema.

A cidade chámase Pésaro (con til en galego) e polo tanto o nome da provincia tamén debera levar ese til. Eu iso non o sei cambiar e se o fago seguro que ocasiono moitos problemas pois quedarán moitas paxinas sen ligar a ela. Pero suxiro que alguén que o saiba facer ben o leve a cabo.

Saúde, (fálame) 7 de abril de 2024 ás 11:36 (UTC)Responder

@Chum: Antes de facer tal movemento cumpriría indicar referencias para o exónimo Pésaro, pero a Diciopedia do século 21 (tomo 3, páxina 1623) recolle como nome en galego da cidade Pesaro. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de abril de 2024 ás 06:53 (UTC)Responder
Pois tes razón. Eu é que paso o verán alí e pronúnciase desa maneira. Pero é posible que sexa un deses casos en que cambia a tonicidade como Rávena. Usuario:Chum (fálame) 12 de abril de 2024 ás 22:50 (UTC)Responder
Volver á páxina "Provincia de Pesaro e Urbino".