Conversa:Porco

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)

Untitled editar

Creo que é necesario corroborar con citas de fontes acreditadas as seguintes afirmacións:

- Aínda que o porco é doméstico e non existe salvaxe na natureza, si existen porcos asilvestrados, que adoitan causar estragos nos ecosistemas

- (...) a fama de xamóns coma o de Lalín ou o da Cañiza

--Rosamf 13:15, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Sobre a primeira afirmación: os porcos salvaxes ou asilvestrados son de sobra coñecidos, son os xabaríns. E poden causar bastantes danos. Sobre o segundo xa non sei, só dicir que o xamón de nadal da cesta na miña casa era "Flor da Cañiza" ou algo así. --Alberte Si, dígame? 15:04, 18 xaneiro 2010 (UTC)
Porco asilvestrado é o mesmo que xabarín? Seguro? Porque un can asilvestrado é da mesma especie, pero o porco e o xabarín non o son (ou iso se desprende da lectura do artigo). Coido que hai algo de confusión, por iso creo que para esvaela era bo citar bibliografía. --Rosamf 17:09, 19 xaneiro 2010 (UTC)
Non sei se conta con moita base xenética pero para min que o xabarín, Sus scrofa, é o precedente do porco doméstico, sus scrofa domesticus, de xeito que a estas alturas xa se consideran se non especies si variedades diferentes. O concepto de "asilvestrado", neste caso, non se pode manter xa que implica que o bicho fose doméstico e logo se asilvestrou, cousa que non acontece, desde logo. En resumo, que aquí temos unha especie silvestre (non me gusta chamarlle salvaxe) e unha variedade doméstica. Tampouco é certo que o xabaril faga danos "nos ecosistemas", senón nos cultivos, que é cousa ben distinta.
A segunda parte éme algo tan obvio que creo que sería rizar o rizo buscarlle referencias. Así como por alá abaixo pensamos no xamón de Jabugo ou de Guijuelo, a esta banda do Padornelo o xamón por excelencia é o da Cañiza, coa súa festa gastronómica e refraneiro que o xustifica (Para porcos, na Cañiza). No caso de Lalín xa non me pronuncio. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 18 xaneiro 2010 (UTC)
Cada quen varre para a súa casa, pero para min non é obvio. Por exemplo, para a xente da Limia é "obvio" que as patacas limiás son as mellores, pero non creo que aos da Terra Chá llelo pareza. Creo que se existe un refraneiro popular ou unha crenza popular de que así o sexa, habería que especificalo como tal e, claro está, acompañalo das debidas referencias. Saúdos larpeiros! :) --Rosamf 17:18, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Porco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 05:33 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Porco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 09:32 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Porco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de xuño de 2019 ás 05:19 (UTC)Responder

Volver á páxina "Porco".