Conversa:Pedro de Betancur

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Patrono dos sen teito editar

Segudo a entrada a día de 24/02/2018 Pedro de Betancur é "popularmente considerado o mecenas dos sen teito" mais logo dunha pesquisa de referencias (exemplo aquí) e mirando noutras wikis no podo atopar referencia algunha que confirme esta afirmación. Non é por dubidar que sexa certa, pero é que realmente non atopo referencias. E inda por riba atopo referencias que afirman que o patrón dese colectivo é San Bieito Xosé Labre en portugués, español, por exemplo, mentras que Pedro de Betancur non está considerado en ningures (que eu dera atopado) patrón dos sen teito. Por outro lado, o mecenado non parece algo ó que este santo se dedicase segundo a definición da Real Academia. Oliveira (conversa)

Oliveira, voulle preguntar a Norrin se el sabe algo do tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 07:49 (UTC)Responder

Oliveira, diferentes grupos poden ter máis dun mecenas, por exemplo: filosofía, escritores e informática - Santa Catalina de Alejandría, San Isidoro de Sevilla e Raimundo Lulio. Profesores: San José de Calasanz e San Juan Bautista de La Salle. Músicos - Santa Cecilia, San Ambrosio de Milán e San Gregorio I Magno.

En calquera caso, San Pedro de Betancur é algo máis popular que o oficial. A Igrexa Católica nunca dixo que San Antonio de Padua é o patrón das parellas namoradas e polo que se considera popularmente. No caso de San Pedro de Betancur isto sucede porque o santo levou a xente sen fogar das rúas. Saúdos.--95.22.182.156 24 de abril de 2018 ás 08:33 (UTC)Responder

É posible que sexa certo o que comentas, ou non, IP, para poder manter esa información no artigo hai que achegar referencias de calidade onde poder verificar ese dato. Podes consultar Wikipedia:Fontes fiables e Wikipedia:Verificabilidade para ter máis información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 10:38 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Pedro de Betancur. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 01:54 (UTC)Responder

Volver á páxina "Pedro de Betancur".