Conversa:Pato

Último comentário: hai 10 anos de Atobar no tópico Cambio (urxente) de nome

Cambio (urxente) de nome editar

Penso que o título deste artigo non pode ser máis desafortunado. A familia dos anátidos, termo que redirixe aquí, ademais dos patos propiamente ditos (tamén denominados parrulos) inclúe non só estas palmípedes, senón que, entre as moi diversas especies da familia (aproximadamente 150) encóntranse, ademais, os ganso, os cisnes e moitas outras. Alguén pode pensar que un cisne é un parrulo?

E falando de gansos, Os únicos palípedes denominados así, son as especies do xénero Anser (que, por certo, hai que escribir en cursiva)? V. por exemplo, ganso de Exipto.

E, en todo o mundo só existe un cisne, a especie unicamente retartada na Galipedia (dúas veces, Cygnus olor? V. Cisne e Cisne bravo (tamén pode verse Cisne negro).

Cando algún administrador cambie este título, comprométome a editar con algo máis de tino este artigo, e máis os de ganso e cisne. --XoioÉche o que hai 6 de xullo de 2013 ás 11:40 (UTC)Responder

Ata onde entendín, o primeiro problema é que anátidos redirixe cara a pato.
A solución a iso é sinxela para quen saiba de anátidos. Simplemente hai que editar anátidos [editar] ), substituíndo a redirección por outros contidos. Para iso non é obrigatoria a intervención dun usuario que teña botóns de administrador. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2013 ás 14:53 (UTC)Responder
A solución é fácil e pasa por facer o que comenta HombreDHojalata. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de xullo de 2013 ás 04:50 (UTC)Responder
Volver á páxina "Pato".