Conversa:Os luns ó sol

Untitled editar

Está traducida a galego? Se non é así, haberá que mudar o título ao orixinal en castelán. --Atobar (conversa comigo) 10:48, 13 outubro 2009 (UTC)

  • Si, hai dobraxe ao galego: [1]

Título editar

Atendendo ás NOMIG, creo que o artigo se debía mover para "Os luns ao sol", pois das normas dan preferencia á forma "ao" sobre "ó". --Rosamf 18:27, 2 marzo 2010 (UTC)

  •   Concordo. Sobre todo porque este é o título dun artigo e non unha frase do propio texto, na que si cumpriría cinguirse ao criterio de escolla do primeiro editor. --Atobar (conversa comigo) 18:40, 2 marzo 2010 (UTC)
  • O título da película é Os luns ó sol. Non se pode modificar en ningún caso. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:49, 2 marzo 2010 (UTC)
    • O título orixinal da película é Los lunes al sol segundoa International Movie Database (ver [2]). Polo tanto, creo que procede que a versión galega do título sexa Os luns ao sol en lugar de Os luns ó sol. Por outra parte, a fita é de 2002 e a reforma das NOMIG é de 2003. Mesmo en Culturagalega.org indican que o título orixinal é o castelán (ver [3]), o que abunda na crenza de que o título en galego Os luns ó sol é unha simple convención e pode doadamente adaptarse ás NOMIG vixentes. --Rosamf 10:02, 3 marzo 2010 (UTC)
      • Segundo o exposto no segundo párrafo da introdución do artigo Lista de filmes con versión en galego, debe respectarse a tradución elixida no seu momento. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:10, 3 marzo 2010 (UTC)
        • Vexo, Moitas grazas. Entendo que entón haberá que respectar esa tradución, polo menos até que non haxa unha nova dobraxe, igual que se fixo con outros produtos audiovisuais. --Rosamf 08:56, 4 marzo 2010 (UTC)


    • Pois se é así, non hai máis que dicir. Graciñas, Estevo. --Atobar (conversa comigo) 18:54, 2 marzo 2010 (UTC)
Volver á páxina "Os luns ó sol".