Conversa:Ortiga morta

Último comentário: hai 7 anos de Nachonion no tópico Untitled

Untitled editar

Para a entrada do artigo é preferible evitar o nome común 'chuchamel' ( e máis tamén as súas variantes sinonímicas 'chupamel' e 'zugamel' ) xa que se refire tamén a moitas outras especies botánicas, especialmente ás madreselvas como ben sinalou o creador da páxina. O nome 'ortiga morta', referenciado no Termos de Botánica da USC, podería ser unha boa opción xa que as follas desta especie son semellantes ás da ortiga. Marcio (conversa)

Eu non controlo do tema así que voulle preguntar ó que creou o artigo, Nachonion, a ver o que di el. Saudos, --Elisardojm (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 01:35 (UTC)Responder
Grazas polis vosos comentarios. Explico, cando escollo un nome vulgar como entrada doulle preferencia aos que aparecen no dicionario da RAG, xa que en Termos de Botánica tamén hai cousas que non cadran. Chuchamel e chupamel efectivamente refírese tamén ás madreselvas, mais estas soen ter nomes comúns diferentes moi referenciados, e esta planta é unha das máis nomeadas con este nome. De feito no propio Termos de Botánica dise que se reserva este nome a esta especie e non tanto ás madreselvas. O nome ortiga morta non aparece na RAG pero se podería mudar. O que non vexo tan ben é pór no artigo en negro todos os nomes vulgares, especialmente as variedades do mesmo: chupamel, chuchamel....Nachonion (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 09:12 (UTC)Responder
Volver á páxina "Ortiga morta".