Conversa:Mesquita

Último comentário: hai 6 anos de Lameiro no tópico ¿Primeira mesquita?

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Rüdiger Wölk engadiu o marcador de borrado No license en Image:Loya7.jpg(diff);

-- CommonsTicker 06:19, 15 setembro 2006 (UTC)


En galego é Mezquita, non Mesquita. --Xabier Cid 18:56, 4 xullo 2007 (UTC)

  • No VOLGA aparece mezquita como entrada incorrecta, e mesquita como a entrada correcta.Acerto 19:31, 4 xullo 2007 (UTC)
  • O dicionario da RAG tamén dá como válido mesquita.Acerto 19:44, 4 xullo 2007 (UTC)


Correcto, recoñezo o meu erro. --Xabier Cid 19:45, 4 xullo 2007 (UTC)

  • Non deixa mover a páxina a mesquita, a forma correcta.Acerto 16:22, 5 xullo 2007 (UTC)
Feito. --Prevertgl 16:38, 5 xullo 2007 (UTC)


Moi ben editar

Boa noite. Entre tanta mudanza perdín un ítem enteiro traducido, sr. D. Xabier Cid. Se comecei o artigo é porque o vin en "Artigos que toda Wikipedia debería ter", e escrito mezquita, por suposto aínda en cor vermella. Isto tenme acontecido máis dunha vez con a lista desa sección. Así que sería mellor que algún dos administradores pasase o Volg,a ou algo similar, antes por varios listados (eu xa fixen algunha vez correccións e volveron ser cambiadas). Por xemplo, estou a esperar, ou estaba, porque agora teño outras prioridades, a que alguén (en "Artigos solicitados") mude Valentín Paz-Andrade, para Valentín Paz Andrade, que é o correcto (Paz-Andrade é apelido dos fillos). Podo comezalo en correcto, pero quen o solicita non se vai enteirar de que o ten a disposición - ip 213603030, 8 xullo 2007


Segue a "boa" noite. Houbo sorte e puiden recuperar o item. -idem

Alégrome. Por que non te rexistras para que sexa máis doado comunicarse contigo? Mudei algúns trazos en Paz Andrade, pero non sei se era iso ao que te referías... --Xabier Cid 00:20, 9 xullo 2007 (UTC)

¿Primeira mesquita? editar

Na entrada afírmase que "A primeira mesquita foi a casa do profeta Mahoma en Medina". Pero máis adiante, na sección Historia, dise que "a primeira mesquita do mundo foi a Masjid al-Haram, tamén coñecida co nome da Kaaba na Meca, que tería sido edificada por Adán", se quen a levantou foi Adán podemos supoñer que non existiu.

Pero segue dicindo que "A segunda mesquita máis antiga é a mesquita de al-Aqsa, en Xerusalén"; aínda que digan que foi Abraham quen a levantou, existir existe tal mesquita, pero non sei se considerala primeira ou segunda. Pero aínda hai máis: poco despois di que "A primeira construída no islam foi a mesquita de Quba, en Medina", que como logo veremos, no foi a casa de Mahoma.

¿Como podemos falar de 3 ou 4 primeiras mesquitas? Á parte de que resulta improcedente tanta discusión para saber cal é a primeira, tal como o temos hoxe é un claro erro ou unha explicación moi confusa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 20:17 (UTC)Responder

Volver á páxina "Mesquita".