Conversa:Martiño (antroponimia)

Último comentário: hai 9 meses de HombreDHojalata no tópico Martín como variante máis usual e como nome galego aceptado

Martín como variante máis usual e como nome galego aceptado editar

Paréceme un dislate que non se contemple a forma Martín no artigo como forma propia tamén do galego, xa que é a variante máis empregada (e un dos nomes mais rexistrados na última década en Galicia) así como tamén a máis antiga documentada (os galegos fai séculos llamábanse Martín como no caso de Códax ou de Torrado Mariño e non, Martiño. Tamén en Portugués é Martim acabado en eme, como no caso de Martim Móniz ou Martim Afonso de Sousa).


Por non dicir que na provincia de Lugo é a forma hexemónica (San Martín de Suarna, San Martín de Arroxo), etc.


Martiño parece máis un diminutivo que un Nome propio (como Antoniño, de Feito en Pontevedra existe unha Rúa con dito Nome pero non coñezo a ninguén chamado así personalmente), ademáis, se Joaquín en galego é Xaquín, Serafín e Fermín tamén manteñen a terminación -ín no canto de -iño e por ende non son Serafiño nen Firmiño, non se comprende que a Galipedia non considere o Nome Martín como propio tamén do galego. 213.177.198.139 21 de xullo de 2023 ás 02:46 (UTC)Responder

Wikipedia:Cite as fontes. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2023 ás 08:45 (UTC)Responder
Volver á páxina "Martiño (antroponimia)".