Conversa:Lista de grupos de post-rock

Untitled editar

Esta listaxe é innecesaria. Xa temos as categorías. As únicas listas que admitimos son aquelas que proporcionamos datos a maiores, ben unha cronoloxía, unha subcategorización por estilo dentro do propio xénero ou algo, pero estas, xa digo, non están admitidas, porque son o mesmo que fai unha categorización cando está ben feita. Alguén (Beninho?) se anima a darlle máis corpo ou procedemos ao borrado? --Atobar (conversa comigo) 18:34, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Somos conscientes de que, de todos os nomes desta listaxe, pasarían sete á categoría se esta é borrada? Non ofrece o mesmo contido isto que a categoría, aquí aparecen nomes que non teñen artigo propio. O defecto está en que se limita ós nomes. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:08, 31 de decembro de 2010 (UTC)

  • Así é. Un bo exemplo do que é unha listaxe válida é Lista de aeroportos de España. Para esta do post-rock, unha opción sería citar procedencia e ano de fundación. Así si podería quedar con todas as da lei. --Atobar (conversa comigo) 15:20, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

Póñome entón a facerlle unha táboa coa procedencia, os anos e algún dato máis. --Beninho 21:24, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Atobar, tamén por estilos, o post-rock é un caixón de xastre onde hai mil "subtendencias": con elementos de jazz, de progresivo, de electrónica... --Alberte Si, dígame? 21:59, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Lista de grupos de post-rock".