Conversa:Knockout de xenes

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (maio 2019)

Untitled editar

Deixei o nome da páxina co termo en inglés deliberadamente, porque a súa tradución é un pouco problemática e, de feito, a maioría dos idiomas non teñen unha tradución establecida para el. O mesmo pasa, en parte, con outros termos, como splicing, gene targeting e outros. Esta páxina está baseada nunha tradución da páxina en castelán, onde traduciron o termo por "bloqueo", o cal é moi discutible, porque nesta técnica o xene non se bloquea, senón que se elimina totalmente a súa funcionalidade e expresión, e esta escolla terminolóxica produciu un intenso debate na wikipedia en castelán, como se pode ver na páxina de Conversación de dito artigo. Ao meu ver o "bloqueo" é máis ben o knockdown e non o knockout. O significado literal de knockout é noqueo, como cando un boxeador queda KO. Poderiamos titular esta páxina "noqueo de xenes", pero xa non sería tan doado poñerlle título a knockdown e knock-in de xenes.--Miguelferig 20:34, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (maio 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Knockout de xenes. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de maio de 2019 ás 09:25 (UTC)Responder

Volver á páxina "Knockout de xenes".