Conversa:Karbo Deportivo

Último comentário: hai 3 anos de Jorges65 no tópico O Karbo Deportivo aparece na tempada 83/84

Untitled editar

Que eu saiba, xurídicamente o Karbo era un club (tal e como era o Fabril Deportivo antes de que a RFEF obligase a transformar os filiais en equipos dependentes), mentres que a sección de fútbol feminino que recentemente creou o Deportivo é directamente un equipo pertencente ó propio Deportivo (Listaxe de equipos na ficha do Deportivo na web da FGF) que non se pode considerar sucesora do anterior porque en 1988 foi disolto. Polo tanto considero que a creación da sección feminina do Deportivo non se pode considerar unha "refundación" do Karbo Deportivo que desapareceu en 1988 e ámbolos equipos deberían ter artigos diferentes.

Podería ser distinto se o Karbo fose un equipo dependente do Deportivo e non un club con entidade xuridica propia, pero polo que teño visto nos anuarios da RFEF aparecen como entidades diferentes.–Jorges65 (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 07:03 (UTC)Responder

Precisamente pola razón que indicas debe considerarse un sucesor. Se digamos o Athlético de Madrid B antes era unha entidade xurídica separada e pola obligación da RFEF sufriu unha transformación dende o punto de vista legal ¿debemos considerar que o equipo de antes e o equipo de despois dese cambio son dous diferentes? Non, simplemente houbo un cambio lexislativo.
Comentas que non pode considerarse unha refundación pero na propia web no Deportivo empregan a palabra "recuperación".
O Karbo CF non tivo relevancia histórica, quen a tivo foi o Karbo Deportivo, xa integrado dentro do Deportivo, un equipo que xogaba en Riazor coa camisola da raias azuis e brancas. O trofeo da Copa da Raíña que gañou ese equipo en propiedade non estivo nunca nunhas vitrinas que non fosen as do Deportivo. Aínda que durante unhas temporadas non houbese xogadores si que existian uns activos tales como trofeos e demais, os cales transicionaron hacia o Deportivo actual.
Quizias se poda manter un artigo sobre o Karbo Deportivo como artigo detallado sobre un periodo histórico. O que non se pode negar es que estos feitos pertencen á historia do Deportivo.
--Stoni (conversa) 12 de agosto de 2019 ás 08:53 (UTC)Responder
En primeiro lugar, recomendo ler este artigo onde se explica polo miúdo a diferenza entre un club filial e un equipo dependente: http://lafutbolteca.com/clubs-patrocinadores-y-filiales-equipos-principales-y-dependientes/
A diferenza fundamental entre un filial e un equipo dependente é que o filial é un club independente a nivel xurídico, coa súa directiva propia (ainda que en casos coincidía coa do club patrocinador) , os seus orzamentos propios, etc. Mentres que o equipo dependente é unha sección do club que pode aparecer e desaparecer sen que iso supoña a desaparición xurídica do club.
No caso do Atlético B (Atlético Madrileño) e outros filiais como o propio Fabril, desaparecen xurídicamente en 1991/92 e convértense en equipos dependentes dos clubes principais (Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña, etc). A maioría deles continúa en competición sen interrupcións e por iso adoita aceptarse que a súa antigüidade é a do club preexistente, amparándose na regra sobre a antigüidade que establecera Ricardo Cabot (http://lafutbolteca.com/ricardo-cabot-un-hombre-al-servicio-del-futbol-espanol/). Anos despois, algúns como o Fútbol Club Barcelona C desapareceron sen que, obviamente, o primeiro equipo do FC Barcelona desaparecera (esta mesma situación dase habitualmente en clubs de 1ª ou 2ª Galicia que crean equipos "B" en 3ª Galicia e aparecen e desaparecen en función da dispoñibilidade de xogadores e a traxectoria do equipo principal).
Porén, no caso do Karbo, desaparece en 1988 sendo un club filial (por iso aparece nos anuarios da RFEF como entidade independente) e sen chegar a transformarse en equipo dependente. Polo tanto, non existe unha continuidade entre Karbo Deportivo, que desaparece en 1988, e o Depor ABANCA fundado xa como equipo dependente tras mercar a praza do Orzán SD en 2016 (https://www.riazor.org/comunicado-de-siete-jugadoras-del-orzan-que-piden-al-depor-que-respete-sus-meritos/).
Estou de acordo coa afirmación "o que non se pode negar es que estos feitos pertencen á historia do Deportivo". O único que intento sinalar é que o Karbo Deportivo e o Depor ABANCA son equipos con orixes diferentes (ainda que ambos sexan a sección feminina do Deportivo da Coruña) e en consecuencia non se trata dunha "refundación".
De feito, estrictamente moitas "refundacións" nin sequera son tais (http://lafutbolteca.com/las-refundaciones/), ainda que algunhas coma a da SD Compostela de facto si se poidan considerar así, xa que o novo club ten o mesmo escudo, mesmo nome, mesma camisola e mesmos trofeos (poderíase dicir que o único que cambiou foi o CIF).
Saúdos. Jorges65 (conversa) 14 de febreiro de 2020 ás 11:46 (UTC)Responder

O Karbo Deportivo aparece na tempada 83/84 editar

Xa están as referencias inseridas no artigo onde queda claro que o Karbo pasa ao Deportivo entre novembro de 1983 e xaneiro de 1984 (Diario Marca, 5 de xaneiro de 1984. p. 10.)(La Voz de Galicia. 26 de novembro de 1983. p. 47). Pero ademais:

  • Observen esta foto de Inma Castañón, capitana do Karbo C.F. coa primera Copa da Raíña oficial gañada na tempada 1982/83. Pode observarse claramente a camisola branca co escudo do Colexio Karbo. (A foto procede desta reportaxe do diario Marca). E o mesmo na crónica do diario As (fonte).
  • Na copa Raíña Sofía de 1981 tamén aparecen con camisolas semellantes, color branco e co escudo do colexio Karbo: ligazón 1 e ligazón 2, de La Voz de Galicia (nestas ligazón tamén se explica que non tiñan axuda de ninguén para viaxar e que tiveron que levar como reposto as camisolas do Imperátor e do Orzán).

Por non falar xa do caso de 1981 en que o Deportivo e o concello lle negan o estadio ao Karbo (Lanza: diario de la Mancha, 21 de abril de 1981. p.12.) (Faro de Vigo. 21 de abril de 1981. p. 40.)(Faro de Vigo. 22 de abril de 1981. p. 37), que de feito levou á publicación dunha rajada no xornal Mundo Deportivo: ligazón

Polo tanto parece obvio que o Karbo non foi parte do Deportivo da Coruña entre 1980 e novembro de 1983, ata que se acadou o devandito acordo.

Saúdos. -- Jorges65 (conversa) 30 de setembro de 2020 ás 07:13 (UTC)Responder

Volver á páxina "Karbo Deportivo".