Conversa:Illas Sisargas

Untitled editar

Retirei tres imaxes de animais do artigo por non estar tomadas nas illas Sisargas. No apartado Fauna Observarase que os nomes dos animais teñen ligazón que remite ó artigo correpondente ó animal, ese é o lugar para ver a foto do mesmo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:15, 27 setembro 2008 (UTC)

Máis información editar

Traballando no artigo do Parque Nacional das Illas Atlánticas simplifiquei o texto e reducín a información que había alí destas illas. Copio ese orixinal aquí por se hai algunha información que se poida integrar neste artigo.

Illas Sisargas: Estas illas pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños e do mesmo xeito que Tambo a súa adhesión ao parque nacional depende principalmente da compra por parte do Goberno ou da Xunta de Galiza aos seus donos e facela, así, pública. A diferenza de todas as demais illas estas atópanse fóra das Rías Baixas, na zona da Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes. As illas son na súa maioría de natureza rochosa, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos cantís. Con todo, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadoiro e unha pequena praia no sur. O primeiro faro do arquipélago foi construído en 1853 e na antigüidade dise que houbo algún tipo de fortificación relixiosa derruída polo tempo e polos ataques normandos á illa. A riqueza ornitolóxica das illas queda patente nas numerosas colonias de aves endémicas destas paraxes ou que están en perigo de extinción como a gaivota escura, o arao dos cons ou a gaivota tridáctila.
Volver á páxina "Illas Sisargas".