Conversa:Forraxe

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)

Untitled editar

Non podo estar de acordo con esta páxina (nin co contido nin co que se estruture como homónimos). Forraxe non é o pasto, o penso ou as árbores forraxeiras. O artigo é tradución do homónimo en castelán, pero tamén alí están equivocados. Forraxe é a herba que se dá ó gando, sexa verde ou seca (é dicir, feno), ou conservada en ensilado; a planta do millo é hoxe a materia prima máis común para o ensilado. O penso é o alimento seco: grans moídos normalmente con adición doutros ingredientes (lémbrese a fariña de ósos que deu orixa á enfermidade das vacas tolas). E hai moitos outros alimentos que se poden dar ó gando, como a fariña (que se se dá mesturada con auga chámase levadura ou lavadura), froitos, nabos, patacas, ramallo dalgunhas árbores, pero nunca toman o nome de forraxe. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 11 de xuño de 2011 (UTC)

  • Definicións segundo o Xerais:
  1. Pasto verde que se lle dá ao gando [especialmente en primavera]
  2. Pasto seco conservado para alimentación do gando, e tamén os cereais destinados a igual uso.

Méteslle man, Pedro? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:11, 11 de xuño de 2011 (UTC)


Baleiro o artigo para facelo de novo partindo de cero. Deixo o iw á páxina en castelán porque espero que algún día a corrixan pero, ata entón, o contido da forraxe na Galipedia non se corresponde co forraje da es:wiki. Pedro --Lameiro (conversa) 14:00, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Forraxe. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 07:07 (UTC)Responder

Volver á páxina "Forraxe".