Conversa:Castelanización

Último comentário: hai 6 anos de Banjo no tópico Untitled

Untitled editar

Este artigo é un despropósito en moitos sensos. Empezando porque é discutible que tal e como está (é un definición) o seu lugar sexa a Wikipedia e non o Galizionario. Seguindo con que as referencias, e mesmo unha tradución, se dan dende a RAE e non a RAG, e rematando con que é un remexido, creo que ou ben se modifica ou ben se borra. En todo caso, hai fontes abondas sobre os procesos de castelanización, tanto na lexicografía e coma na historiografía galegas, como para redactar o artigo doutro modo (e sen tirar á brava os contidos de es.wiki). --Atobar (conversa comigo) 30 de agosto de 2017 ás 18:22 (UTC)Responder

De mantelo, cabería crear epígrafes como Topinimia, Literatura, Onomástica, Lexislación etc. A mera definición (dende a RAE) non basta. --Atobar (conversa comigo) 30 de agosto de 2017 ás 18:29 (UTC)Responder
Concordo en que precisa revisión e mellora profunda, ampliación tamén. Non no do galicionario, excede a extensión e contido dunha definición de dicionario, eliminei esa indicación do marcador. Se non se mellora como indicas, o máis axeitado sería propoñer o seu borrado. Todos eses epígrafes que indicas xa existen e ben poden crearse e manterse, sempre que o contido sexa axeitado e non simples definicións como indicas. Banjo tell me 30 de agosto de 2017 ás 18:53 (UTC)Responder
Volver á páxina "Castelanización".