Conversa:Associaçom Galega da Língua

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

AGAL com reconhecimento internacional editar

A AGAL está sendo reconhecida internacionalmente e presta óptimos servizos à Galiza e à lingua galega. Deberia se dizer aqui que ela conta com membros na América do Sul, nomeadamente no Brasil.

Pequenas mudanzas editar

Ola. Acabo de facer algunhas mudanzas no atigo que detallo aquí.

  • O logotipo da asociación estaba ao final de todo do artigo e sen identificar. Coloqueino na zona superior dereita e engadinlle un pé que aclara o que é.
  • O artigo contiña unhas ligazóns adicionais sesgadas, xa que só facía referencia a cousas que constitúen a antítese deste artigo, isto é, versa sobre a AGAL (reintegracionista) e as ligazóns eran ao ILG, RAG e as normas oficiais do galego (non reintegracionistas). Para manter un pouco a necesaria equidistancia engadín ligazóns para reintegracionismo e lingua portuguesa, que son artigos cuxo punto de vista coido tamén necesario para entender este.

N.º de socios editar

Na redacción actual do artigo afírmase que «No ano 2007 conta con 474 asociados». Non sei de onde saíu o dato, pero sería necesario corroboralo con fontes. No Google só atopei unha noticia que fale do tema [1], pero non especifica o número. Se non hai fonte ningunha, propoño suprimir o dato.


--Rosamf 12:48, 26 xuño 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Associaçom Galega da Língua. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 09:02 (UTC)Responder

Volver á páxina "Associaçom Galega da Língua".