Conversa:Antropónimo

Untitled editar

  • Que Paio teña que ver con paifoco ou pailán (como se di neste artigo) é bastante atrevido, moi probabelmente erróneo e gustaríame saber a referencia (se non se encontra, eu quitaría esa afirmación). O máis probábel é que Paio procede de PELAGIUS> Pelayo> Peaio > Paaio > Paio. O -l- intervocálico en galego cae, asimílanse e e a ao estaren en contacto, e dous as contraen. É a evolución máis probábel. --Xoán Carlos Fraga 21:24, 1 abril 2010 (UTC)
  • Penso que é mellor borrar este artigo Antropónimo e deixar Antroponimia. Este segundo é completo e ten referencias e bibliografía, o primeiro é deficiente e pouco aproveitábel para encaixar no segundo (ademais do erro sinalado máis arriba). Se ninguén ve como aproveitar este artigo, penso que é o mellor é pasar a borralo. Que opinades? --Xoán Carlos Fraga 21:41, 22 de abril de 2010 (UTC)

Se isto é unha votación, voto:   Borrar. Xoacas(non che sinto?) 22:25, 22 de abril de 2010 (UTC)

Volver á páxina "Antropónimo".