Conversa:Anosmia

Último comentário: hai 2 anos de Gasparoff no tópico Sinónimos

Sinónimos editar

@HombreDHojalata, non lle atopo sentido a borrar a edición de alguén para eliminar un termo só porque non veña recollido no DRAG e si noutros dicionarios. Hai moitas, moitísimas, palabras galegas que non aparecen no DRAG, e si noutros, coma os incluídos no DdD, no Xerais ou no Estraviz. Por exemplo neste blog da Illa de Arousa, hai un listado con centos de palabras de uso cotiá empregadas polos arousáns que non están no DRAG, e ducias delas si que están no Estraviz. Estou seguro de que pasa noutras vilas, e por suposto noutros campos, en particular na Ciencia. Nesta charla do LGx15, a partir do minuto 4:20, Anxo Carracedo explica como fai divulgación científica falando en galego cando vai a países lusófonos, o importante que é aproximar as dúas linguas, mesmo como ferramenta científica, e como decidiu escribir un artigo en particular para meter palabras que non existían en galego, nen sequera en castelán, porque eran innovacións súas. Obviamente esas palabras non estaban no DRAG, porque a DRAG non "establece" formas das palabras, recolle algunhas, ata onde chega, e só en certos casos pronunciase se hai dúbidas e consultas. No caso dos sinónimos de anosmia, non só están en portugués e no dicionario Estraviz, están tamén en varios dicionarios en castelán, e no Dicionario Galego de Termos Médicos da da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, que recolle como sinónimos de anosmia nada menos que cinco termos, entre eles os que borraches dicindo que hai "unha forma establecida polo DRAG": aosmia, anodmia, anosfrasia, anosfresia e anestesia olfactiva. Procedo a restaurar a edición anterior. Un saúdo e moitas grazas polas túas colaboracións. Gasparoff (conversa) 5 de xaneiro de 2022 ás 18:54 (UTC)Responder

As miñas edicións foron para desfacer o de ter tres formas distintas, unha referenciada polo DRAG, outra polo Estraviz e outra por un dicionario portugués, e poñelas ao mesmo nivel as tres.
Agora si. Agora, coa introdución da referencia do Diccionario Galego de Termos Médicos, a cousa cambia. Por certo, que eu o teño aquí, en papel, e é "Diccionario" con dous ces. Nós non podemos mudarlle o nome. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2022 ás 23:07 (UTC)Responder
Non, "agora si" non. Se tiveses ollado o 'diccionario' de termos médicos verías que ten exactamente os sinónimos que ti borraches. Non borraches só as referencias ou as cambiaches por outras, borraches os termos. E por que borras toda referencia ao portugués, mesmo cando un dos profesores de Medicina que dan ese 3% de clases en galego e continúa o labor empezado polos autores deste dicionario recalca a importancia e o vínculo do galego coa lusofonía, incluíndo a terminoloxía científica? Tes algo en contra do portugués? Gasparoff (conversa) 6 de xaneiro de 2022 ás 01:12 (UTC)Responder
Volver á páxina "Anosmia".