Conversa:Ameixa rubia

Último comentário: hai 6 anos de HacheDous=0 no tópico Resto de nomes

¿Por que me borrades o seu outro nome galego? Para a Xunta de Galicia é rubia,pero para unha páxina chamada Masmar ,en galego dise ameixa vermella.

editar

Pois xa o dixen,as dúas son válidas Caneburrio (conversa) 11 de maio de 2018 ás 15:02 (UTC)Responder

Unha páxina web non é referencia para establecer o nome desta especie, ou de calquera outra, en galego. Referencias válidas son o DRAG, traballos lexicográficos ou semellantes.--HacheDous=0 (conversa) 11 de maio de 2018 ás 15:09 (UTC)Responder

Gracias Hache dous O. Caneburrio (conversa) 11 de maio de 2018 ás 15:49 (UTC)Responder

Dinche as gracias por que son amable. Neste caso sí hai referencia,porque en Galicia hai moitos nomes según zonas e provincias e,ademáis na páxina Masmar son expertos en nomes de peixes e mariscos,primeiro vén o nome en castelán ,despois o científico,e despois no resto de idiomas da nación española (galego,vasco e catalán),e,según esa páxina,o nome galego é ameixa vermella mentres que noutras páxinas lle chamán ameixa rubia. Todo según a zona de Galicia. Caneburrio (conversa) 11 de maio de 2018 ás 16:24 (UTC)Responder

Coido que ameixa vermella ten pouco que ver coa ameixa rubia, realmente. Ameixa vermella é o froito da ameixeira na súa variante cor vermella. Oliveira (conversa)
Engadín o nome de ameixa vermella porque aparece así nun documento do Centro de Investigacións Mariñas do 2005. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2018 ás 09:14 (UTC)Responder
A min non me acaba de convencer, utilizar unha memoria de actividades para establecer unha forma lingüística. Non é un traballo de investigación nin se sabe quen redactou o texto (e tradución, recóllese directamente o que envían os diferentes equipos, etc.??) ; e máis cando se poden atopar formas como "de O Grove" un pouco máis abaixo.--HacheDous=0 (conversa) 19 de maio de 2018 ás 09:27 (UTC)Responder
Definitivamente non é unha fonte fiable, denominan ao pargo como pargo ou bocinegro, cando esta última é unha denominación propia de Andalucía e Canarias que non se empregou nunca que eu saiba en galego nin hai referencias do seu uso.--HacheDous=0 (conversa) 19 de maio de 2018 ás 09:41 (UTC)Responder
A non ser algún usuario, sei que Lameiro ten acceso a múltiples fontes, dea referencias válidas de bocinegro como forma galega, a credibilidade desta memoria de actividades como fonte fiable está en cuestión.--HacheDous=0 (conversa) 19 de maio de 2018 ás 09:47 (UTC)Responder
Co DXL como fonte queda referenciado ameixa vermella e mais outros dous nomes.--HacheDous=0 (conversa) 19 de maio de 2018 ás 11:39 (UTC)Responder

Canto á ameixa, o seu nome común nas lonxas, nas mariscadoras e na documentación da Xunta é ameixa rubia. En castelán chámase almeja rubia e almeja roja, e supoño que de ahí vén ese ameixa vermella que recolle o Xerais. Pero non aparece tal cualificativo en Pesca de Galicia (dependente da consellería de Pesca), nin na Guía do consumidor de peixe fresco nin na Resolución de 26.01.2018 pola que se establecen as denominaciones comerciales de especies pesqueras; ninguén recolle ameixa vermella. Tampouco Ríos Panisse recolleu tal come en ningún lugar da costa galega. Masmar non me parece unha fonte fiable.

E canto o prago (Pagrus pagrus) tan só me aparece nas guías como pargo; Ríos Panisse recolle só o nome de pargo. Pero a citada Resolución de 26.01.2018 dá para Galicia o nome de prago (e bocinegro en Andalucía y Canarias). Eu só escoitei pargo e nunca prago, pero tampouco son fonte fiable. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de maio de 2018 ás 20:27 (UTC)Responder

Quitei logo as formas do Xerais do corpo principal deixándoas nunha nota, ao non haber outras fontes que recollan esas formas.--HacheDous=0 (conversa) 19 de maio de 2018 ás 20:51 (UTC)Responder
Sinto o da referencia do CIMA, pensei que adicándose a iso e sendo un centro da Xunta serían un pouco máis serios.
HacheDous=0, que Dicionario Xerais estás consultando ou que termo estás consultando? É que eu non me decatara de buscar nesa fonte e mirei agora o termo "ameixa" no Gran Dicionario Xerais da Lingua de 2009, e non aparece o de "vermella", ten ameixa encarnada, a. rubia, a. rosada e a. beada... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 21:56 (UTC)Responder
A 10ª edición do Dicionario Xerais da Lingua (2015). Así e todo volvereino consultar este serán non vaia ser que tomase mal a referencia--HacheDous=0 (conversa) 21 de maio de 2018 ás 13:29 (UTC)Responder
Comprobado no DXL non aparece a. encarnada pola contra figuran a. vermella e o resto dos termos que aparecen na nota.--HacheDous=0 (conversa) 21 de maio de 2018 ás 18:18 (UTC)Responder
Pois entón, se no DXL de 2015 aparece ameixa vermella, e tendo en conta que a RAG di: "rubio: vermello ou encarnado", penso que esa denominación, xunto coas outras que están na nota, pode poñerse no comezo como se fai no resto de artigos de animais con nomes comúns. E incluso habería que facer redireccións dende esas denominacións a este artigo. Que vos parece, HacheDous=0 e Lameiro? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 20:53 (UTC)Responder

Según Masmar e o Centro de Investigacións Mariñas chámase ameixa vermella Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 11:02 (UTC)Responder

O do pargo é pargo ou prago. Esa outra denominación pode que sexa,como dixo HacheDous=0 ,de Andalucía e Canarias,xa que eu non a escoitara na miña vida nn en galego nin en castelán. Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 11:06 (UTC)Responder

Resto de nomes

editar

Non estou moi convencido que se deba poñer no corpo do artigo o resto dos nomes. O DRAG só avala unha forma, a que lle dá título ao artigo, e só hai unha referencia con outros nomes (O GDXL e o DXL son basicamente dos mesmos autores). Non é o mesmo cando o resto de dicionarios inclúen máis formas ou cando hai traballos lexicográficos específicos que tamén as avalan. Pero estamos nun caso no que só hai unha referencia, e case non hai nada máis, cando menos procurando en internet. Penso que está ben en nota, pero é claro a miña opinión.--HacheDous=0 (conversa) 22 de maio de 2018 ás 17:23 (UTC)Responder

Volver á páxina "Ameixa rubia".